The Moon & Antarctica é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Modest Mouse, publicado o 13 de xuño de 2000 a través do selo Epic Records. O título do disco está tirado do filme de 1982 Blade Runner, onde a personaxe principal (Rick Deckard) le un xornal co titular "Farming the Oceans, the Moon and Antarctica".

The Moon & Antarctica chegou ao número 120 da lista estadounidense Billboard 200, e recibiu recensións positivas dos críticos, que loubaron a súa temática e as letras introspectivas do líder Isaac Brock. Tamén foi aclamado por ser unha expansión do son da banda, en gran parte debido ao maior presuposto do seu novo selo e á produción de Brian Deck. En 2021 NME referíase ao traballo como "un dos mellores discos da historia".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Modest Mouse Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums de Epic Records