Oriini Kaipara, nada en 1983 en Whakatāne, é unha xornalista e presentadora de televisión maorí. En 2019 foi a primeira muller maorí en presentar o telexornal cunha tatuaxe facial tradicional (moko kauae tā moko), e en 2021 converteuse na primeira muller en facelo presentando a edición de telexornal máis importante de Nova Zelandia. Como presentadora pronuncia correctamente palabras e topónimos en lingua maorí.
Traxectoria Descendente dos iwi Tūhoe, Ngāti Awa, Tūwharetoa e Ngāti Rangitihi, medrou inmersa nas tradicións e na lingua do seu pobo, asistindo a escolas de idioma maorí até finais da súa adolescencia. Formouse na South Siguis Film and Television School en 2002. Traballou para a TVNZ 1, Māori Television e Mai FM. En 2008, gañou o premio á mellor presentadora de televisión nos premios Māori Media. En 2017, unha proba de ADN demostrou que a súa ascendencia é 100% maorí. En 2018, gañou o premio Voyager á mellor xornalista en asuntos maorís polo seu traballo en Native Affairs para a Māori Television. En 2019 fixo a tatuaxe moko kauae. En maio de 2021 comezou a presentar o telexornal no programa Newshub Live en horario de máxima audiencia.
Notas
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Whakatāne Categoría:Presentadores de televisión de Nova Zelandia Categoría:Xornalistas de Nova Zelandia Categoría:Tatuaxe