The Levellers é unha banda británica de rock, moi influenciada polo punk e a música folk. A banda foi fundada en 1988 en Brighton por Jeremy Cunningham, Charlie Heather, Jonathan Sevink e Mark Chadwick.

Tomaron o nome dos Niveladores (Levellers), unha facción radicalmente democrática da New Model Army de Oliver Cromwell .

Membros do grupo

Membros actuais

Mark Chadwick - Compositor, cantante, guitarra Jeremy Cunningham - Baixo eléctrico Charlie Heather - Batería Simon Friend - Compositor, cantante, guitarra, mandolina, banjo Jonathan Sevink - Violinista, secuenciador Matt Savage - Teclado

Ás veces,Stephen Boakes ( Didgeridoo ) toca con eles.

Antigos membros

Alan Miles - Compositor, mandolina, guitarra (1989 a 1990)

Discografía

Álbum

1990: A Weapon Called the Word 1991: Levelling the Land 1992: See Nothing, Hear Nothing, Do Something: UK Singles and Live Collection 1993: Levellers 1995: Zeitgeist 1996: Headlights, White Lines, Black Tar Rivers (Best Live) 1997: Mouth to Mouth 1998: One Way of Life: The Very Best of The Levellers 2001: Special Brew 2002: Green Blade Rising 2005: Truth and Lies 2008: Letters from the Underground

Vídeos e DVD

The Great Video Swindle (novembro de 1992) - concerto en directo gravado en Barrowland Ballroom, Glasgow, Escocia en maio de 1992. (só VHS) Best Live: Headlights, White Lines and Black Tar Rivers (agosto de 1996) - concerto gravado en directo en Empress Ballroom, Blackpool, Inglaterra o 7 de febreiro de 1996. (só VHS) Chaos Theory (outubro de 2006): gravación dun concerto en directo no Reading Hexagon e algúns extras.

Recompilatorio de música celta e derivados As pezas de The Levellers The World Freak Show e Outside/Inside foron incluídas no primeiro e no segundo álbum dobre recompilatorio Gaitas, violines y otras hierbas (DRO, 1992, 1993), no que participaron grupos galegos como Os Diplomáticos e Na Lúa, alén doutros grupos de éxito internacional como The Dubliners, Loreena McKennitt, The Pogues, Celtas Cortos, The Chieftains con Van Morrison, Clannad, Gwendal ou Alan Stivell.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Grupos musicais formados en 1988 Categoría:Grupos musicais de celtic punk Categoría:Grupos musicais de folk punk Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de Brighton Categoría:Folk celta