Elías Rodríguez Varela, nado en Trabada o 1 de xaneiro de 1937, é un empresario e xornalista galego.
Traxectoria En 1958 ingresou en Radio Juventud e en 1963 en Radio Nacional. En 1968, converteuse no fundador e xefe de emisións de Radio Centro, sendo un importante profesional en locucións publicitarias. En 1981 fundou Centro de Comunicación e en 1989 Estudios Abaira, S.A., empresa dedicada á publicidade, dobraxe e sonorización. É presidente do Grupo Abaira (Estudios Abaira, Abaira Publicidad, Matinha Estudios de Son de Portugal, Abrente Soluciones Audiovisuales e Línea de Fuego), vicepresidente do Grup Bosques Naturales (Bosques Naturales, Forestalia, Boscalia, Eurobosques, Adagro) e conselleiro de varias empresas.Elías Rodríguez Varela, elegido 'Gallego del Mes' de diciembre por el Grupo Correo Gallego , El Correo Gallego, 2 de xuño de 2006
Como actor participou nunha película, e prestou a súa voz e moitas como narrador. Foi tamén presentador no concurso Gran Casino da Televisión de Galicia.
Filmografía Como actor Truhanes (Miguel Hermoso, 1983). Como narrador Una joven nación (1971). Mosaico de canciones (1972). Legado arquitectónico español (1975). Galicia (1975). Lugo 2000 (1976). La nueva Costa del Sol (1976). El chou de Cho-Juaa (curta de animación, 1978). Mensaxe de Copyright de BuenaVista Home Entertainment.
Recoñecementos
Foi nomeado Fillo Predilecto de Trabada, membro da Enxebre Orde da Vieira e Cabaleiro do Camiño de Santiago e Madrigalego de Ouro.Elías Rodríguez en ordevieira.com Foi galardoado cos premios "Antena de Oro" e prata da comunicación e medalla de prata de Galicia en 2003.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en galegos.info Elías Rodríguez Varela en academiatv.es
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Medalla de Prata de Galicia
Categoría:Nados en Trabada
Categoría:Nados en 1937