Patricia Joan Keller McCormick, nada en Seal Beach, California, o 12 de maio de 1930 e finada no Condado de Orange o 7 de marzo de 2023, foi unha saltadora de trampolín que gañou ambos os eventos de salto en dous Xogos Olímpicos, en 1952 e 1956. Gañou o James E. Sullivan Award á mellor atleta afeccionada dos Estados Unidos en 1956, segunda muller que o conseguiu.

Traxectoria De nena, nas décadas de 1930 e 1940, McCormick destacou por executar saltos de trampolín que non estaban permitidos nas competicións femininas (mergullos que tiñan fama de asustar moitos homes) e por practiar na ponte de Los Alamitos no porto de Long Beach. Asistiu á Woodrow Wilson Classical High School, ao Long Beach City College e á Universidade Estatal de California en Long Beach.

Tralos Xogos Olímpicos fixo xiras de saltos e foi modelo para traxes de baño Catalina. Participou no comité organizador dos Xogos Olímpicos de 1984 e comezou un programa chamado "Pat's Champs", fundación que axuda a motivar a infancia para que soñe ao grande e para que atope xeitos prácticas de obter éxito.

Ao longo da súa carreira gañou tamén catro medallas nos Xogos Panamericanos, entre elas tres de ouro.

Vida persoal O marido de McCormick, Glenn, foi o seu adestrador, así como doutros medallistas olímpicos en saltos de trampolín. Divorciáronse despois de 24 anos de matrimonio e el faleceu en 1995. Tiveron dous fillos: Tim, nado en 1956, só cinco meses antes de que McCormick gañase dúas medallas nos Xogos de Melbourne, e Kelly (nada en 1960), que gañou dúas medallas (prata e ouro) en saltos de trampolín.Pat McCormick. sports-reference.com

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados no condado de Orange, California Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Deportistas dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1956