Francisco Guerreiro Guerreiro, nado nas Pontes de García Rodríguez cara a 1893 e finado na Capela o 19 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Veciño do Freixo. Militante do PSOE, logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro das Pontes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por un grupo da Falanxe na súa casa casa o mesmo que Joaquín Antón Rodeiro, Manuel Franco Bermúdez e tres máis, que na viaxe desde O Freixo saltaron da camioneta que os trasladaba e lograron escapar monte abaixo. Francisco, Joaquín e Manuel pasaron a noite no grupo escolar das Pontes, o actual colexio Santa María, e foron asasinados no cemiterio da Capela o 19 de agosto de 1936.Recuperación de la Memoria Histórica exhumará una fosa común en A Capela Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Sergio Guerra Vilaboy: "La represión fascista en As Pontes en 1936" 23/8/2014. A represión fascista nas Pontes en 1936

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Políticos do PSOE

Categoría:Concelleiros das Pontes de García Rodríguez

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1909

Categoría:Finados en 1936