miniatura|Versión da teteira A teteira de Utah ou de Newell (en inglés Utah teapot ou Newell teapot) é un modelo de proba 3D que se converteu nun obxecto de referencia estándar e nunha broma interna na comunidade de gráficos por ordenador. É un modelo matemático dunha teteira común que parece sólida e parcialmente cilíndrica e convexa. Unha teteira de Utah considérase o equivalente a un programa "Ola mundo", como unha forma de crear facilmente unha escena 3D cun modelo algo complexo, que funciona como referencia xeométrica básica para a configuración da escena e da iluminación. Algunhas bibliotecas de programación, como OpenGL Utility Toolkit, inclúen funcionalidades dedicadas a debuxar teteiras.
O modelo de teteira foi creado en 1975 polo investigador de gráficos por ordenador Martin Newell, membro do programa gráfico pioneiro da Universidade de Utah. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Imaxe da teteira de Utah no Computer History Museum Esbozo da teteira de Newell's no Computer History Museum Historia e imaxes da teteira, de A Critical History of Computer Graphics and Animation Demostración de teteira en WebGL A teteira máis famosa do mundo: Tom Scott conta a historia da creación dixital de Martin Newell (YouTube)
Categoría:Gráficos 3D por ordenador