Zheleznogorsk (en ruso: Железного́рск), anteriormente coñecida como Krasnoiarsk-26 (Красноярск-26) é unha cidade rusa, situada no krai de Krasnoiarsk. Foi fundada en 1950 como unha cidade pechada dedicada á industria nuclear.
Historia Foi creada en 1950 para a produción de plutonio para armamento e recibiu o nome de Krasnoiarsk-26. A historia do lugar e o complexo de defensa están interconectados. En 1959, o goberno creou a oficina oriental da OKB-1 baixo a supervisión de MF Reshetnov. Os edificios de defensa incluían instalacións nucleares construídas en cavernas talladas na montaña ao norte da cidade, do mesmo xeito que as oficinas de investigación espacial.
En 1992, con Boris Yeltsin no goberno, aprobouse un decreto no que se podían utilizar as nomenclaturas históricas, e a cidade empezou a aparecer nos mapas oficiais. Con todo, tal como marcaba a tradición nas cidades soviéticas con instalacións secretas, o número do antigo nome forma parte do código postal.
Status administrativo Dentro do sistema de divisións administrativas rusas, é xunto con outras cinco localidades rurais, parte do Territorio Administrativo Pechado de Zheleznogorsk, cuxa unidade administrativa equivale aos raions.
Como municipio, está localizado dentro do Okug Urbano de Zheleznogorsk.
Economía Zheleznogorsk é coñecida polo seu complexo nuclear e xogou un papel importante nos primeiros anos da produción de armas nucleares na Unión Soviética. Ademais, na cidade ten a súa sede o ISS Reshetnov, o maior fabricante de satélites do país e o principal promotor do programa GLONASS.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial .
Categoría:Cidades de Rusia