A Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional de España (oficialmente, en lingua castelá, Hemeroteca Digital de la Biblioteca Nacional de España) é unha hemeroteca dixital de acceso libre, mantida pola Biblioteca Nacional de España e vinculada á Biblioteca Digital Hispánica. Características Fundada en marzo de 2007, cara a 2011 tiña dixitalizados máis de 840 títulos de prensa —dos preto de 8 000 cos que contaría a Biblioteca—, número que ascendeu a 1 681 a finais de 2015. A colección, en formato PDF, fai uso de tecnoloxía OCR (recoñecemento óptico de caracteres) que permite a procura de cadenas de texto nos xornais e revistas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas https://hemerotecadigital.bne.es

Categoría:Biblioteca Nacional de España Categoría:Hemerotecas