O Helsingin Jalkapalloklubi ou HJK é un equipo de fútbol da cidade de Helsinqui, Finlandia. De acordo coa cantidade de campionatos de Finlandia acadados, trátase do equipo máis exitoso do país nórdico. Dende 1964 xoga na máxima categoría do fútbol finlandés, a Veikkausliiga, da cal en 2021 se proclamou campión por 31ª vez na súa historia e por segundo ano consecutivo. É o único equipo finlandés que xogou a fase de grupos da Liga de Campións ou da Europa League. Disputa os seus partidos como local no Bolt Arena, un estadio con capacidade para 10 770 persoas situado no distrito de Taka-Töölö, na área de Töölö. Anteriormente o HJK xogou no Töölön pallokenttä e no Estadio Olímpico de Helsinqui.

Franz Fredrik Wathén tivo a idea de crear o club, fundado oficialmente en 1907, e gañou o seu primeiro campionato finlandés en 1911. Inicialmente o club adicouse á práctica do fútbol, mais posteriormente creáronse as seccións de bandy e hóckey sobre xeo, nas que o club se proclamou campión de Finlandia nas décadas de 1920 e 1930. Ademais no HJK practicouse tamén os birlos, a patinaxe artística sobre xeo e o balonmán. Dende o ano 1976 o club centrouse na práctica do fútbol.

O HJK ten tamén un equipo reserva, o Klubi 04, que xoga na Ykkönen, a segunda categoría do fútbol finlandés. O equipo naceu en 2004, cando o club comprou o equipo de fútbol de Jokerit. O equipo feminino é tamén o equipo finlandés máis exitoso en termo de títulos.

Historia

Primeiros anos miniatura|Primeiro equipo do HJK no ano 1907. miniatura|Primeiro equipo campión de Finlandia no ano 1911. Logo de que o fútbol chegase a Finlandia xurdiu a idea de crear un club de fútbol na capital finlandesa. A principios de 1907 Franz Fredrik Wathén presentou a súa idea en público, e en maio dese mesmo ano tomouse a decisión de crear o Helsingin Potkupalloklubi ou Helsingfors Sparkbollsklubb. En xuño a reunión oficial de creación do club tivo lugar en Kaisaniemi e nomeouse ao novo club Helsingin Jalkapalloklubi ou Helsingfors Fotbollsklubb. O primeiro partido de fútbol do HJK xogouse ese mesmo ano en Tammisaari fronte ao equipo da fábrica local. O HJK fora un club bilingüe, mais no ano 1908 escolleuse o finés como lingua oficial. Un ano despois o programa deportivo do club incluíu o bandy. O primeiro campionato finlandés do HJK chegou no ano 1911, cando derrotou o Åbo IFK por un marcador de 7–1. Ademais en 1912 celebrou o seu segundo campionato finlandés consecutivo, cando o seu rival local, o HIFK caeu por 7–1. Ao final da década o HJK gañou tres campionatos consecutivos entre 1917 e 1919. En 1917 o equipo gañou na final ao ÅIFK por 4–2 e nos dous anos seguintes ao Viipurin Reipas, o primeiro ano 1918 por 3–0 e o ano seguinte por 1–0. Noutras seccións o club conseguiu o seu primeiro campionato finlandés de bandy. O HJK gañou a final do Campionato Finlandés de bandy de 1921 ao Vipurin Sudet. En 1924 incluíronse os birlos ao programa do club, mais estes foron abandonados axiña A seguinte vez que se expandiron as seccións do club foi en 1928, cando o HJK comezou coa práctica do hóckey sobre xeo. O ano seguinte o club celebrou o campionato da nova sección.

En fútbol comezou a tempada de liga en 1930, mais HJK participou por primeira vez na nova Mestaruussarja foi en 1931. En 1936 e 1938 o club gañou a liga. No hóckey sobre xeo o HJK gañou dous campionatos nacionais na década de 1930. Logo da guerra o HJK incluíu o balonmán entre as súas seccións, e os birlos regresaron ás actividades do club. Anteriormente o club considerara incluír o baloncesto no seu programa, mais a idea foi desbotada. No balonmán o club foi subcampión finlandés no ano 1944. As actividades femininas comezaron a realizarse no HJK no ano 1946, cando comezou tamén o balonmán feminino. O período sen medallas no fútbol finalizou en 1954, cando o equipo gañou o bronce. As operacións do club víronse obstaculizadas a causa dos problemas económicos, e non lle foi posible investir nas seccións como os clubs especializados.

Cara a un club exclusivo de fútbol En 1960 elixiuse como presidente o propietario do xornal Apu Olli Lyytikäinen, que axudou o club tanto de xeito financeiro como ofrecéndolles traballo aos xogadores. As actividades do club comezaron a reducirse e en 1963 suprimiuse a sección de bandy. No fútbol, o HJK volveu proclamarse campión finlandés baixo a dirección no banco de Aulis Rytkönen en 1964. Como campión finlandés o club clasificouse por primeira vez para disputar a Copa de Europa na tempada 1965–66. Con todo, o HJK perdeu os seus dous partidos da primeira rolda fronte o Manchester United F.C. por 2-3 e 0-6. En 1966 o club gañou por primeira vez a Suomen Cup. Mentres tanto no hóckey sobre xeo o HJK descendera da máxima categoría, mais regresou logo de que o club realizase un grande investimento económico. O equipo de hóckey sobre xeo procurou o ouro, mais o seu mellor resultado foi a prata conseguida na tempada 1971–72 da SM-sarja. A sección de hóckey sobre xeo tivo problemas e económicos e finalmente decidiu fusionarse co equipo dos Karhu-Kissat para formar o Helsingin Jääkiekkoklubi. A sección de patinaxe artística sobre xeo tamén cesou a súa actividade en 1972, deixando o club tan só coas seccións de balonmán e fútbol. En 1971 o fútbol feminino comezou a desenvolverse no HJK, gañando axiña o seu primeiro campionato finlandés ese mesmo ano. Paavo Einiö converteuse no financiador do equipo masculino, que volveu proclamarse campión na tempada 1973. En 1976 o HJK converteuse nun club centrado exclusivamente no fútbol logo de que cesase a súa actividade no balonmán.

Liga de Campións e século XXI 180pxEquipo inicial no partido fronte ao PSV. Na tempada 1981 chegou a primeira dupla do equipo cando gañou a copa e a liga. Nos anos 1985, 1987 e 1988, o equipo adestrado por Jyrki Heliskoskii gañou de novo a liga. Na primeira tempada da Veikkausliiga o HJK gañou de novo o campionato logo dunha tempada en branco, mais as actividades do club víronse obstaculizadas pola recesión da década de 1990. A principios do ano 1991, logo dun programa de reestruturación e unha reforma organizativa, constituíuse HJK-Klubi Oy, que se empregou para atraer investidores. Na tempada 1992 o HJK gañou o título de liga, mais o club continuaba a sufrir problemas financeiros, polo que se chegou a considerar a quebra. Os anos seguintes as graves preocupacións financeiras disipáronse e pechouse HJK-Klubi Oy. Na tempada 1996 o HJK despediu o seu adestrador por primeira vez cando Tommy Lindholm foi despedido por un mal inicio na liga. O equipo clasificouse para xogar a promoción, onde finalmente gañou cun global de 2–1 ao Hangö IK. Debido á mala tempada a maior parte dos xogadores do equipo mudaron e o HJK volveu proclamarse campión de liga. O club clasificouse para as eliminatorias da Liga de Campións, onde derrotou primeiro o FC Jerevan armenio e logo o FC Metz francés. Deste xeito o HJK converteuse no primeiro equipo finlandés en disputar a fase de grupos da Liga de Campións. O equipo finalizou na derradeira posición do seu grupo, mais conseguiu derrotar o Benfica.

HJK mudouse ao Finnair Stadium durante a tempada 2000 e conseguiu o título de copa. O primeiro campionato de liga da década do equipo chegou en 2002. Tamén no ano 2003 o HJK gañou o campionato finlandés, ademais do título de copa. No inverno de 2004 o club mercou o equipo de fútbol FC Jokerit e converteuno no seu equipo filial, que se chamou Klubi 04. En 2007 o HJK celebrou o seu centenario, mais só puido finalizar sétimo a liga. Ao final da tempada o equipo foi dirixido por Antti Muurinen. O título de liga regresou ás vitrinas do HJK na tempada 2009. Tamén o ano seguinte o equipo gañou a Veikkausliiga, e ademais chegou á rolda de play-off da UEFA Europa League. O HJK gañou o seu terceiro campionato consecutivo en 2011 e o cuarto chegou en 2012, o que marcou un récord finlandés en canto a número de campionatos de fútbol gañados de xeito consecutivo. Na tempada 2013 o equipo gañou o seu quinto campionato finlandés de xeito consecutivo..

Na tempada 2014-15 o HJK converteuse no primeiro equipo finlandés en acceder á fase de grupos da Europa League logo de vencer na derradeira eliminatoria ao Rapid Wien. Ademais o club gañou a súa sexta liga consecutiva. A serie de vitorias na liga finalizou na tempada 2015, cando o Seinäjoen Jalkapallokerho coroouse campión e o HJK gañou o bronce. O HJK volveu ser campión na tempada 2017, cando gañou tamén a Suomen Cup, e na tempada 2018 gañou o segundo título de liga consecutivo. En 2020 o club capitalino proclamouse campión de liga por 30ª vez logo de que o KuPS se fixese co título en 2019. Ese mesmo ano o HJK proclamouse tamén campión de copa. O HJK revalidou o título na tempada 2021, no que foi o seu 30º campionato de liga, e o primeiro de tres títulos consecutivos co campionato finlandés. Na tempada 2022, o HJK cedeu a algunhas das súas novas adquisicións como Conor Hazard, Nassim Boujellab, Bojan Radulović e Malik Abubakari, e conseguiu o seu 11º título en 15 anos. En 2023 o HJK conseguiu un novo campionato de liga.

Cores e escudos Joitakin HJK:n kotipeliasuja vuosien varrelta. Dende a fundación do club a cor escollida para o uniforme foi o branco. Esta cor foi empregada ata 1909, cando as cores da camisola mudaron ás raias brancas e azuis. As cores foron un compromiso coa movemento Fennoman. Ao longo dos anos o HJK empregou diversos uniformes como local, mais as cores seguen sendo as mesmas. Desde 1986 o equipamento é de novo a raias azuis e brancas.

O escudo do HJK data de 1913 e deseñouno por Osmo Korvenkontio. No ano do seu centenario o equipo empregou un escudo especial no que había dúas estrelas sobre o escudo oficial sinalando os 20 campionatos do club e substituíndo o ano por "1907–2007". Xunto co escudo tradicional o HJK empregou a mediados da década de 1990 un escudo distinto no que se podía ver un balón de fútbol con chamas sobre o texto HJK.

Estadio

miniatura|Tres dos estadios empregados polo HJK: o Estadio Olímpico (na parte superior), Töölön pallokenttä (á dereita) e o Bolt Arena (abaixo). Actualmente o HJK disputa os seus partidos como local no Bolt Arena ou Töölön jalkapallostadion (en galego Estadio de Fútbol de Töölö), no que ten xogado dende o ano 2000. O estadio foi construído por Hjallis Harkimo e HJK era copropietario da empresa que administraba o mesmo.

A construción do Bolt Arena finalizou no ano 2000, cando os dereitos do nome do estadio vendéronse a Finnair. Por este motivo o estadio foi coñecido ata 2010 polo nome de Finnair Stadium. No ano 2010 os dereitos do nome expiraron e TeliaSonera adquiriunos ata o ano 2013. Inicialmente o nome era Sonera Stadium e dende 2017 ata principios de 2020 Telia 5G Areena. Actualmente o HJK posúe o estadio por completo. A principios de 2020 o nome do estadio volveu mudar cando o HJK chegou a un acordo coa empresa Bolt.Works, pasando a coñecerse polo seu nome actual.

A superficie do estadio era orixinalmente de herba natural, mais na primavera de 2003 substituíuse por céspede artificial. A utilización do céspede artificial xustifícase pola idoneidade para o seu uso durante todo o ano. O céspede artificial encontrou oposición, mais ao mesmo tempo as horas de uso do estadio incrementáronse.

O primeiro estadio do HJK foi o Töölön pallokenttä, finalizado en 1915. O segundo estadio empregado con frecuencia como terreo de xogo foi o Estadio Olímpico. Durante a Veiikkausliiga o HJK xogou no Töölön pallokenttä entre 1992 e 1994 e en 1997 e 1998, mentres que no Estadio Olímpico nos períodos 1990-1991, 1995-1996, e en 1999. Os maiores datos de asistencia do HJK tiveron lugar precisamente no Estadio Olímpico. O récord de asistencia a un partido da máxima categoría do fútbol finlandés foi rexistrado no partido que os locais xogaron fronte a MyPa en 1996 e ao que asistiron 23 382 persoas, e na Liga de Campións o partido HJK-PSV Eindhoven reuniu a 34 146 persoas.