Euungulata ou Eungulata é un clado de mamíferos placentarios que inclúe os ungulados laurasiaterios, as ordes Perissodactyla, Artiodactyla ou Cetartiodactyla e ordes extintas relacionados con eles.
Este clado foi proposto como alternativa ao grupo polifilético Ungulata que agrupaba aos eungulados xunto cos penungulados pertencentes a Afrotheria que só tiñan como trazo único a presenza de pezuños, condición homoplásica que apareceu por converxencia evolutiva nestas dúas liñaxes segundo as análises moleculares.
Algunhas clasificacións usan o termo Ungulata en sentido estrito para os artiodáctilos e perisodáctilos (Eungulata), non obstante ambos os termos non son sinónimos xa que inclúen grupos distintos.
Tanto os eungulados existentes como os extintos descenden dos condilartros do Cretáceo. Os condilartros á súa vez, descendían de devanceiros insectívoros.
Os cetáceos non se parecen en nada aos eungulados en canto a aspecto e morfoloxía pero considéranse eungulados e artiodáctilos porque evolucionaron dun grupo de artiodáctilos e por tanto eungulados.
Taxonomía dereita|miniatura|Cladograma mostrando as relacións dos grupos de eungulados e feras.
Eungulata Orde Artiodactyla/Cetartiodactyla Orde Mesonychia† División Mesaxonia Orde Perissodactyla Orde Dinocerata† Clado Meridiungulata† Orde Xenungulata† Orde Astrapotheria† Orde Notoungulata† Orde Litopterna† Orde Pyrotheria†
Filoxenia Unha posíbel filoxenia dos grupos eungulados é a seguinte:
Grupos actuais Dentro dos eungulados pódense citar os seguintes grupos existentes na actualidade:
Clasificación
Eungulata Perissodactyla Hippomorpha Equidae: Ceratomorpha Tapiridae: Rhinocerotidae: Artiodactyla (Cetartiodactyla) Tylopoda Camelidae: Suina Tayassuidae Suidae: Cetruminantia Ruminantia Tragulidae Pecora Antilocapridae Giraffidae: Cervidae: Moschidae: Bovidae: Cetancodontamorpha Hippopotamidae: Cetacea Mysticeti Balaenidae Cetotheriidae Eschrichtiidae: Balaenopteridae: Odontoceti Physeteroidea Physeteridae Kogiidae Platanistoidea Platanistidae Ziphioidea Ziphiidae: Lipotoidea Lipotidae: Platanistoidea: Iniidae: Pontoporiidae: Delphinoidea Monodontidae: Phocoenidae Delphinidae:
Galería de imaxes Exemplos de animais que pertencen a este clado.
Notas
Categoría:Taxonomía Categoría:Zooloxía
Véxase tamén Cetartiodáctilos (todos os euungulados non extintos)