Kūstā Brāfā, Lubnān () é un filme de 2021 dirixido por Mounia Akl a partir dun guión de Akl e Clara Roquet. É unha coprodución internacional entre o Líbano, Francia, Qatar, España, Suecia, Dinamarca, Noruega e os Estados Unidos de América. Está protagonizado por Nadine Labaki, Saleh Bakri, Nadia Charbel, Ceana Restom, Geana Restom, Liliane Chacar Khoury, Yumna Marwan e Francois Nour.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia o 5 de setembro de 2021. Foi escollido como candidato do Líbano para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. No Festival de Cinema Asiático de Hong Kong de 2021, foi nomeado ao Premio New Talent.
Sinopse A familia Badri escapa da contaminación tóxica de Beirut buscando refuxio nunha casa de montaña utópica.
Personaxes Nadine Labaki como Soraya Saleh Bakri como Walid Nadia Charbel como Tala Ceana Restom como Rim Geana Restom como Rim Liliane Chacar Khoury Yumna Marwan Francois Nour
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Líbano propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes do Líbano Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Qatar Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes ambientados no Líbano