Jesús Gato Figueiras, nado en Bembrive (Vigo) o 15 de setembro de 1905, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
Foi vogal da sociedade cultural Helios de Bembrive (1928-1929). En 1936 era presidente da Junta del Sindicato Agrario Ganadero de Bembrive. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 12 de agosto. Xulgado en consello de guerra en Vigo o 20 de outubro polo sumario 496/36 con Cándido Seijo Vila, Urbano Costas Seijo, Jesús Román Gómez e Claudio Pérez Fernández, foi defendido por José Queizán Hermida. Foi condenado a 15 anos de prisión. Internado na Colonia Penitenciaria da illa de San Simón, pasou á Prisión de Astorga en marzo de 1939, e de alí á Prisión Provincial de Lugo en novembro dese ano. Saíu en liberdade provisional o 12 de xullo de 1940. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940,BOE, 8-2-1940, p. 650. recuperando a libre disposición dos seus bens en 1944.BOE, 30-1-1944, p. 555. Vida persoal
Casou con Rosa Seijo Rodríguez e foi pai de tres fillos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Expediente procesual de Jesús Gato Figueiras
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1905