Para outras leis acerca da cuñaxe e a emisión de moeda, véxase a páxina de homónimos Lei da Moeda

A Lei da Moeda de 1792 dos Estados Unidos de América (en inglés: Coinage Act of 1792)A denominación breve é Coinage Act of April 2, 1792; a súa forma completa é An act establishing a mint, and regulating the Coins of the United States (Lei pola que se establece a Casa da Moeda e se regulan as moedas dos Estados Unidos)., tamén coñecida como Lei da Casa da Moeda (Mint Act), é unha lei aprobada polo Congreso dos Estados Unidos e asinada polo presidente George Washington o 2 de abril de 1792, mediante a que se establece o dólar como unidade monetaria de curso legal no país, se regula o seu sistema monetario de carácter decimal e se crea a Casa da Moeda dos Estados Unidos, con sede en Filadelfia.

A lei vinculou o dólar estadounidense ao valor do real de oito de prata español, que era amplamente utilizado.

Contido

A Casa da Moeda miniatura|Primeira sede da Casa da Moeda de Filadelfia (US Mint), inaugurada en 1792. A Lei da Moeda de 1792 determina que a Casa da Moeda dos Estados Unidos tería que estar situada onde estivese a sede do Goberno, que naquel momento era Filadelfia. Os cinco postos directivos que se prevían na súa creación eran o de director da casa da moeda, gravador xefe, ensaiador, xefe de cuñaxe e tesoureiro. A lei permitía que unha soa persoa puidese desempeñar as funcións de cuñador xefe e de gravador.

O primeiro director da Casa da Moeda foi David Rittenhouse, nomeado o 13 de abril de 1792."Timeline of the United States Mint". United States Mint.

Para exercer o seu cargo, o ensaiador, o xefe de cuñaxe e o tesoureiro debían depositar unha fianza de 10.000 dólares na Secretaría do Tesouro.Coinage Act of April 2, 1792. Seccións 1-5.Blessing, E. "The Coinage Act of 1792". Investopedia.com

Os salarios establecidos para estes postos eran os seguintes:Coinage Act of April 2, 1792. Sección 6. +Salario anual dos postos da Casa da MoedaDirectorEnsaiadorCuñadorGravadorTesoureiroEmpregadosSalario en dólares2.0001.5001.5001.2001.200Máx.: 500A lei permitíalle a calquera cidadán encargarlle á Casa da Moeda a cuñaxe de lingotes de prata ou de ouro ou, no seu lugar, cambialos polo seu equivalente en moeda, cunha comisión do 0,5 por cento do total do metal achegado. Para iso, establecéronse tamén medidas estritas de ensaio da calidade do metal.Coinage Act of April 2, 1792. Sección 14. No caso de que algún dos funcionarios da Casa da Moeda propiciase ou fose connivente do incumprimento das proporcións nas aliaxes ou nos pesos establecidos de metais nobres en beneficio propio, a propia lei establecía como consecuencia a condena a pena de morte.Coinage Act of April 2, 1792. Sección 9.

O sistema monetario miniatura|250x250px|1 dólar de 1795. A lei instituía un sistema monetario baseado no dólar de prata como unidade monetaria básica, con múltiplos e divisores en cobre, prata e ouro, e especificaba o valor facial, a composición metálica e o peso de cada moeda. O valor do dólar estableceuse á par co que tiña o real de oito de prata español da época.

Tamén se determinabaa relación do valor entre a prata e o ouro, que quedaba fixada en 15 libras de prata pura por unha libra de ouro puro.Coinage Act of April 2, 1792. Sección 11.

+Moedas do sistema monetario e especificaciónsValorDenominaciónComposiciónPeso10 dólaresEagle91,667 % Au, 6 % Ag, 2,33 % Cu17,5 g5 dólaresHalf eagle91,667 % Au, 6 % Ag, 2,33 % Cu8,75 g2,5 dólaresQuarter eagle91,667 % Au, 6 % Ag, 2,33 % Cu4,37 g1 dólarDollar89,25 % Ag, 10,75 % Cu26,96 g50 centsHalf dollar89,25 % Ag, 10,75 % Cu13,50 g25 centsQuarter dollar89,25 % Ag, 10,75 % Cu6,74 g10 centsDisme89,25 % Ag, 10,75 % Cu2,70 g5 centsHalf disme89,25 % Ag, 10,75 % Cu1,35 g1 centCent100 % Cu17,105 g0,5 centsHalf cent100 % Cu8,5525 g

Deseño das moedas miniatura|180x180px|5 dólares (Half Eagle) de 1795.

A Lei da Moeda de 1792 marcaba tamén as directrices dalgúns deseños que se debían reoproducir nas moedas emitidas. Nunha das súas faces debían amosar a palabra LIBERTY ("Liberdade"), xunto co ano de cuñaxe e unha imaxe simbólica da liberdade. No reverso desta cara, as moedas de prata e de ouro deberían representar a imaxe dunha aguia e a lenda UNITED STATES OF AMERICA, xunto coa expresión do seu valor facial.Blessing, E. "The Coinage Act of 1792". Investopedia.comCoinage Act of April 2, 1792. Sección 10.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Texto da Lei da Moeda de 1792

Categoría:Leis Categoría:Dereito nos Estados Unidos de América Categoría:Moedas dos Estados Unidos de América