Jīnxiāo duō zhēnzhòng (en ) é un filme de 2020 producido por Singapur e Taiwán escrito e dirixido por Wayne Peng. Está protagonizado por Chuando Tan, Nayeli, Chang Tsu-lei, Lydia Lau King-man, Chen Yixin, Xiang Yun e Tay Ping Hui. O filme estreouse na 57ª edición do Golden Horse Film Festival o 5 de novembro de 2020. Estreouse oficialmente en Singapur o 29 de abril de 2021. Recibiu dous nomeamentos nos premios Golden Horse, incluíndo mellor fotografía para Wayne e mellor maquillaxe e deseño de vestiario para Lim Sau-hoong. Foi escollido como candidato de Singapur para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Na década de 1960 en Singapur, a historia segue a un médico de 30 anos (Chuando Tan) que se ve atrapado nunha rede de enganos, sexo e mentiras. O filme é un drama de asasinato que xira arredor dun médico que fai unha chamada telefónica a unha familia misteriosa e adiñeirada.
Elenco Chuando Tan Nayeli Nan Chang Tsu-lei Lydia Lau King-man Chen Yixin Xiang Yun Tay Ping Hui
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Singapur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de Singapur Categoría:Filmes de Taiwán