Álvaro Gómez Becerra, nado en Cáceres en 1771 e finado en Madrid en 1855, foi un político español.
Traxectoria Entre 1835 e 1836 foi Ministro de Xustiza nos gobernos que formou con Mendizábal. En 1835 decretou a expulsión dos xesuítas, a supresión de mosteiros e conventos que tiveran menos de doce membros, a prohibición aos bispos de dar ordes maiores e a apropiación dos bens dos conventos. En 1840 pertenceu ao goberno que provocou a caída do rexente, e en 1841, aínda que era partidario da rexencia compartida, aceptou o nomeamento de Espartero como rexente único. En 1843 presidiu en substitución de Joaquín María López, o último goberno desta etapa, pero non logrou ser apoiado polo Congreso. Tras a caída de Espartero foi desterrado a Cuenca.
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na web de Presidencia
Categoría:Presidentes de España Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Cáceres Categoría:Nados en 1771 Categoría:Finados en 1855 Categoría:Presidentes do Senado de España