María Luisa González González, nada en Bilbao o 18 de xullo de 1943, coñecida como Marisa González, é unha artista multimedia española pioneira no uso das novas tecnoloxías da reprodución e a comunicación na creación artística, así como un nome clave no feminismo e a arte electrónica desde a súa etapa nos Estados Unidos no Art Institute de Chicago no ano 1971. A súa obra foi presentada en importantes institucións nacionais e internacionais como a Bienal de Venecia, o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía ou o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB).

Galardoada co Premio MAV 2020, pola súa traxectoria como mellor artista/creadora, que concede a asociación Mulleres nas Artes Visuais.

Foi galardoada co Premio Velázquez das Artes Plásticas en 2023.

Traxectoria As súas primeiras obras con novas tecnoloxías datan dos anos 70, entre elas atópase Estación Fax (1972-1993-2015) un proxecto de experimentación artística a partir do chamado "fax art" xusto cando se iniciaba o uso de Internet, como precursor da transmisión de datos e imaxes en tempo real. Na traxectoria da súa obra destacan o feminismo, a memoria e arqueoloxía industrial, a reciclaxe e a ecoloxía, a atención aos procesos de marxinalidade e a exclusión e precariedade na aldea global.

Formación Na súa cidade natal, cursou a Carreira Superior de Piano no Conservatorio Superior de Bilbao. En 1967 trasladouse a Madrid para estudar na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. É alí onde participa no movemento de loita estudantil contra a ditadura franquista. Ademais de reivindicar a renovación do profesorado esixindo que se contratasen a artistas contemporáneos como Eusebio Sempere co que estudou no seu último ano de carreira.

No ano 1970 desde a delegación do alumnado, é a promotora da 1ª Exposición Libre y Permanente coa participación tanto de alumnado como de recoñecidas artistas da época. É a súa primeira exposición. Un ano máis tarde, en 1971 finaliza os seus estudos e trasládase a Estados Unidos a estudar un máster no Instituto de Arte de Chicago (SAIC) (1973) especializándose nas novas tecnoloxías aplicadas ás prácticas artísticas no departamento de Generative Systems onde foi alumna de Sonia Landy Sheridan e onde experimentou con novas tecnoloxías incluíndo a utilización do fax, ademais de con outras máquinas para producir imaxes instantáneas. É o momento tamén en EE. UU. da loita polos dereitos civís, unha temática que Marisa González incorporou na súa obra.

A artista americana Sheridan creou no ano 1970 un novo programa no SAIC e fundou un novo departamento ao que denominou Generative Systems para o estudo sistemático da arte coa ciencia e a tecnoloxía con diversas máquinas e coa recentemente inventada fotocopiadora 3M Cor in Cor. Para Generative Systems a incorporación desta primeira fotocopiadora de cor a un centro de ensino das artes no ano 1970 foi unha revolución xa que era a primeira vez que unha máquina de cor ofrecía os resultados ao instante, polo que a medida do tempo e do espazo cambiou radicalmente, explicou Marisa González nun artigo sobre a traxectoria de Sheridan.

En 1974 trasladouse a Washington D.C. e estudou na Corcoran School of the Arts and Design onde se graduou de novo no ano 1976 e conseguindo o Premio fin de carreira. Nestes dous anos, desenvolveu o seu período feminista coa súa profesora a artista feminista Mary Beth Edelson, desenvolveu traballos colaborativos, combinando fotografía e performances para denunciar a violencia de xénero. Pertence a esta época a súa obra La Descarga (1975), consta de numerosos paneis con fotocopias Thermofax.

Desenvolvemento profesional Ao seu regreso a España en 1977 seguirá explorando aplicacións tecnolóxicas xunto coa reciclaxe de obxectos de refugallo ao servizo do cambio social, criticando o horizonte de clonación de seres humanos como a súa serie Clónicos, e sen esquecer a súa postura feminista.

No ano 1981 realizou a súa primeira exposición individual en Madrid co título Presencias na Galería Aele, de Evelyn Botella. Nesta exposición presentou por primeira vez en Madrid os seus traballos realizados con fotocopias cor transferidas a outros formatos. miniatura|325x325px|Expondo no primeiro Arco en 1982 En 1982 a súa obra foi mostrada na primeira edición da feira internacional de Arte Contemporánea Arco, así como en posteriores edicións coa galería de Evelyn Botella Galería Aele de Madrid.

En 1986 participou na exposición inaugural do Museo Nacional Raíña Sofía de Madrid Procesos: Cultura y Nuevas Tecnologías no que tamén se mostraron traballos da súa antiga profesora Sonia Sheridan e outros recoñecidos artistas como John Cage, Marina Abramović ou Salvador Dalí. Nesa exposición Marisa González foi comisaria en tres seccións: 1ª revisión de traballos realizados no Centro de Cálculo de Madrid a finais dos anos 60, 2ª exposición de Electrografía cunha revisión de traballos de artistas internacionais e 3ª a exposición de Sonia Sheridan. Marisa González foi unha das primeiras artistas en facer o comisariado de exposicións.

Nos anos 90, coa nova copiadora de gran formato Dina1, realiza unha nova e extensa serie denominada La negrona. Partindo dunha fotografía dunha imaxe publicitaria dun xornal americano, a artista converterá esta imaxe no seu modelo matriz para servir de exemplo de reflexión sobre as diversas variacións e etapas de calquera muller. Utilizando múltiples combinacións de reproducións, realizadas coa primeira fotocopiadora de cor de gran formato, a artista reflexiona sobre o corpo e a imaxe: a muller como obxecto de desexo nos mass media.

A comezos dos anos 90, Marisa González participou noutros proxectos de fax art entre outros, Art Reseaux promovido por artistas da Universidade de París; People to People, acción desde Praga; e The longing of the electronica media for nature, realizada en Colonia.

En 1992 dirixiu no Círculo de Belas Artes de Madrid o Taller de Arte Actual la poética de la tecnología e en 1993 Marisa González e os seus alumnos do Taller crearon unha das instalacións consideradas máis importantes da historia do fax art. O mesmo ano iniciou a súa serie Clónicos (1993-1997) nos que utilizou bonecos como referencia do ser humano.

En 1995, presentou na Sala Rekalde de Bilbao a súa serie de retratos Lumena en Bilbograph95 xunto coa instalación Estación Fax - Fax Station, coa participación de máis de dez países e numerosos artistas, baixo o tema: Cuerpo individual, cuerpo social, cuerpo infectado, cuerpo contaminado.

O seu primeiro traballo net art foi en 2000 a partir do tema das fábricas e a situación dos obreiros ademais da situación específica das mulleres na era industrial. Durante un ano fixo o seguimento do desmantelamento dunha fábrica de pan no centro de Bilbao. Case toda a década de finais do século XX e principios do século XXI González explorou o desmantelamento e a destrución de diversas fábricas, a máis relevante é o seu traballo sobre o desmantelamento da Central Nuclear de Lemóniz: Interésame non só a súa arquitectura, a súa estética como colector, senón tamén o contido - explica González- as cadeas de produción, a situación laboral dos traballadores e os obxectos e documentos que puiden rescatar. alt=Marisa González con su obra en ARCO 2002|miniatura|324x324px|Marisa González coa súa obra en ARCO 2002 En 2012 foi convidada polo comisario da Bienal de Arquitectura de Venecia, David Chipperfield, a participar na exposición curatorial Common ground no Pavillón principal cos seus vídeos Ellas filipinas Female open space invaders sobre as mulleres filipinas emigrantes en Hong Kong.

En 2014 foi unha das artistas participantes na exposición Genealogías Feministas no museo MUSAC de León.

No ano 2015 realizou a súa exposición retrospectiva Registros Domesticados nas salas de Tabacalera de Madrid e no CGAC de Santiago de Compostela, organizada polo Ministerio de Cultura Español, comisariada pola teórica Rocío de la Vila.

No ano 2020 recibiu o premio MAV a toda a súa traxectoria artística e creadora.

Outras actividades Paralelamente á súa faceta como creadora de arte, Marisa González tivo un papel destacado como xeradora de contextos asociativos reivindicando os dereitos dos artistas e tentando visibilizar os seus traballos, principalmente os das mulleres, sempre relegadas a segundo plano. Desde o seu activismo no movemento estudantil en Madrid, posteriormente formou parte da xunta directiva da Asociación de Artistas Plásticos, e desde esta plataforma, co novo goberno socialista, participou como membro da Xunta Directiva no rexurdir e modernización do Círculo de Belas Artes de Madrid no ano 1983, xunto ao presidente Martin Chirino, Josefina Molina, Lucio Muñoz, Pedro García Ramos, Basilio Martín Patino, Tomas Marco, José Luís Temes etc. Desde a xunta directiva, conseguiu a creación no Círculo de Belas Artes dos primeiros festivais de vídeo en Madrid en 1984 e 1986.

Foi vicepresidenta da asociación española Mujeres de las Artes Visuales MAV de 2010 a 2017. Continua vinculada activamente na devandita asociación formando parte do Consello de Asesoras e colabora como membro do consello editorial na revista M-Arte e Cultura Visual.

Obra miniatura|316x316px|Marisa González e Griselda Pollock, Madrid 2018 Desde os seus primeiros traballos na década dos 70 até a actualidade, a súa obra estivo marcada pola experimentación con todo tipo de artefactos e máquinas. Realizou os seus primeiros traballos con fotocopiadoras, posteriormente con faxes, e despois con computadores e vídeo.

Durante máis de catro décadas de traballo a súa obra foi incluída en diversas mostras que reflexionan sobre arte e feminismo. En 2012 o seu traballo formou parte da exposición Genealogías feministas en el arte español: 1960-2010 comisariada por Juan Vicente Aliaga e Patricia Mayayo, presentada no MUSAC. Marisa González en 2012 foi unha das poucas artistas plásticas invitadas a participar na décimo terceira edición de lac (Terreo común) que tiña como obxectivo "focalizar a mirada nos procesos colaborativos que se producen na arquitectura actual". Acudiu coa súa obra Female open space invaders/ Ellas filipinas na que documenta a diáspora filipina en Hong Kong vítimas dun estado de explotación tanto nos seus países de orixe como nos de destino, denunciando así o afianzamento da economía globalizada poscolonial que produce novas servidumes domésticas.

No ano 2015, en Tabacalera Promoción da arte de Madrid, realizou unha exposición retrospectiva sobre 45 anos de traxectoria da artista, comisariada por Rocío de la Villa. A exposición titulada Registros Domesticados organizouse en tres eixos: Proyectos colaborativos y nuevas tecnologías (1970-1996), Arqueologías del sistema industrial: Modernidad y Tardomodernidad. Documentación y archivo, (1996-2006) no que mediante fotografías, vídeos e documentos, rexistra o desmantelamento da Fábrica HP Harino Panadeira, e a de Galletas Artiach en Bilbao, a Central Nuclear de Lemóniz, en Biscaia (xamais posta en funcionamento), ou a Siderurxa Ensidesa Arcelor en Avilés e Registros postcoloniales. Evolución postindustrial y explotación laboral, (2008-2014).

Registros Domesticados itinerou no ano 2016 ao Museo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela. Sinala o programa da exposición:

En 2017 participou na exposición colectiva Women in Work. Mujer, Arte y Trabajo en la globalización na Sala de Exposicións da Universidade Politécnica de Valencia e Castelló co seu traballo Ellas, Filipinas. Con este mesmo traballo no ano 2018 participou na exposición Hidden Workers no Museo de Art Contemporáneo de Seúl, Corea, xunto a artistas históricas como Martha Rosler ou A Guerrilla Girls entre outras.

En 2019 participou no proxecto ¡Feminismos! no Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, CCCB, de Barcelona. O proxecto componse de dúas exposicións: La Vanguardia Feminista de los años 70 y Coreografías del género.