Manuel Yarza, nado en Vigo en 1884, foi un futbolista galego, que xogaba como centrocampista. Membro histórico do Madrid Foot-Ball Club, xunto co seu irmán Quincho Yarza, foi campión da Copa do Rei catro veces consecutivas, dende 1905 ata 1908. Na edición de 1908 ambos foron rivais, e máis tarde recalou no Español de Madrid.
Traxectoria Militou xunto co seu irmán Quincho no Moderno Foot-Ball Club e trala absorción deste polo Madrid Foot-Ball Club en 1904, pasaron a xogar no segundo deles, que anos máis tarde pasaría a chamarse Real Madrid. Co Madrid gañou catro catro Campionatos Rexionais e catro Copas do Rei consecutivas entre 1905 e 1908, as tres primeiras xunto co seu irmán, mentres que na cuarta foron rivais, ao xogar Joaquín no Vigo FC.Diario Gran Vida. Notas de Sport. Concurso regional de foot-ball. Edición del 1 de noviembre de 1903.
Tamén el disputou algúns encontros co Vigo FC en 1907. A partir de 1908 enrolouse no Español FC de Madrid, club co que gañou o Campionato Rexional Centro de 1909 e co que disputou dúas novas finais da Copa do Rei: en 1909 contra o Club Ciclista de San Sebastián e en 1910 contra o FC Barcelona.
Palmarés Madrid FC Copa do Rei (4): 1905, 1906, 1907, 1908. Campionato Rexional Centro (4): 1905, 1906, 1907, 1908.
Moderno FC Campionato Rexional Centro (1): 1909.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF