John Leonard Swigert Jr., nado en Denver, Colorado, o 30 de agosto de 1931 e finado o 27 de decembro de 1982, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Apollo 13.
Traxectoria Swigert graduouse en enxeñaría mecánica pola Universidade de Colorado en 1953 e era máster en ciencia aeroespacial polo Instituto Politécnico Rensselaer en 1965 e máster en administración de empresas pola Universidade de Hartford en 1967.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1966, participando na misión Apollo 13. Pasou un total de 5,95 días no espazo. Swigert faleceu o 27 de decembro de 1982 en Washington, D.C., por complicacións dun cancro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Apollo 13
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Nados en Denver, Colorado