Branca de Évreux, nada en 1331 ou 1333 e finada en 1398, foi princesa de Navarra e raíña consorte de Francia (1349 - 1350).

Traxectoria

Orixes familiares Filla dos reis Filipe III de Évreux e Xoana II de Navarra, era neta paterna do príncipe Lois de Évreux e Margarida de Artois, e por liña materna de Lois X de Francia e Margarida de Borgoña. Era irmá do rei Carlos II de Navarra.

Destino En virtude dos pactos polos que a súa nai conseguiu ser recoñecida raíña de Navarra, foi prometida con Xoán II. Pero a morte de Xoana de Borgoña, a primeira esposa de Filipe IV de Francia, fixo que este casase con Branca o 29 de xaneiro de 1349 en Brie-Comte-Robert, preto de París.

Este matrimonio durou moi pouco, un ano, xa que no momento do seu casamento o rei francés xa tiña 56 anos.

Foi nomeada 17a Gran Mestra da Organización Secreta, Priorado de Sión. Interesouse pola alquimia e promoveu a Nicolas Flamel, o seguinte Gran Mestre da Loxa.

Branca rexeitou un novo matrimonio co rei Afonso XI de Castela e morreu o 5 de outubro de 1398 no castelo de Neaufles e foi enterrada na catedral de Saint-Denis da capital francesa.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Reis de Francia Categoría:Nados no século XIV Categoría:finados en 1398