Cesce, Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (), é unha empresa mixta pública-privada de xestión de risco comercial presente en 9 países. É o cuarto grupo mundial e o segundo de España en crédito e en caución. Conta con 140 000 clientes, 1,5 millóns de límites de risco en vigor, 24 oficinas comerciais, 100 axentes e 1 462 empregados. É membro de UNESPA, Unión de Berna, ICISA, ALASECE e APFPASA. Á súa vez, é propietaria de Informa, empresa de información financeira e comercial.

Noutro ámbito, Cesce é unha axencia de crédito á exportación (ECA) encargada en España de xestionar o seguro de crédito á exportación por conta do Estado.

Está participada maioritariamente polo Estado español e polos principais grupos bancarios e compañías de seguros españolas.

A parte de en España, Francia e Portugal, Cesce está presente no Brasil, Chile, Colombia, México e o Perú a través do Consorcio Internacional de Aseguradores de Crédito (CIAC), da que é a principal accionista, cun 63,12 %.

Historia Cesce constitúese en 1971 como unha compañía de capital mixto na que o Estado español conta coa maioría e na que participan as principais entidades financeiras españolas, así como algunhas compañías privadas de seguros; comezando a operar en 1972.

En 1992 inicia a súa actividade de seguro por conta propia. Ese mesmo ano crea Informa, unha empresa de subministración de información comercial, financeira e de mercadotecnia.

No ano 2000 crea o Consorcio Internacional de Aseguradores de Crédito (CIAC) e inicia a súa expansión en Latinoamérica.

En 2004 Informa adquire o negocio de Dun & Bradstreet en España e Portugal.

A finais do ano 2012, Cesce rompe o principio de globalidade até entón vixente no sector do seguro de crédito.

Privatización

O 13 de xullo de 2012 o ministro de Economía, Luís de Guindos, anuncia a privatización da compañía e o 14 de setembro de 2012 apróbase o Real Decreto Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, que suprime a restrición legal anteriormente existente que obrigaba ao Estado a manter unha posición maioritaria no capital da compañía. En xaneiro de 2013, a SEPI selecciona a PricewaterhouseCoopers e Pérez Llorca Abogados como asesores financeiro e xurídico, respectivamente, no proceso de privatización da compañía. O 20 de setembro de 2013 o Consello de Ministros aproba o anteproxecto da Lei de cobertura por conta do Estado dos riscos da internacionalización das empresas, que crea a figura do axente xestor, a entidade designada polo Estado para xestionar no seu nome determinados riscos da internacionalización, e estipula que Cesce será axente xestor durante 7 anos ampliables a 10, á vez que estipula que devandito axente xestor non poderá xestionar a ECA de ningún outro país. Finalmente, o 4 de abril de 2014 o Congreso aproba a privatización e o 23 do mesmo mes publícase a Lei 8/2014, de 22 de abril, sobre cobertura por conta do Estado dos riscos da internacionalización da economía española que entra en vigor o día 23 de xullo. Porén, en xuño de 2015 suspendeuse sine díe o proceso de privatización

Presenza internacional Cesce está presente directamente en España, Francia e Portugal; e a través de Cesce Internacional (CIAC) en países de Latinoamérica como Perú, Colombia, Brasil, México e Chile.

Accionistas Sociedade % de participaciónEstado español50,25%Banco Santander23,88%Banco Bilbao Vizcaya Argentaria16,3%Banco Sabadell3,60%Outros bancos2,07%Compañías de seguros3,90%

Notas

Véxase tamén Outros artigos Seguro

Ligazóns externas Sitio web oficial de Cesce

Categoría:Empresas da Comunidade de Madrid