Daniel M. Tani, nado en Ridley Park, Pensilvania, o 1 de febreiro de 1961, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-122, STS-108 e STS-120 e foi membro da Expedición 16 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Tani graduouse en enxeñaría mecánica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1984 e é máster na mesma materia pola mesma institución en 1988.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando nas misións STS-122, STS-108 e STS-120 e sendo membro da Expedición 16 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 131,75 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-122 STS-108 STS-120 Expedición 16 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Pensilvania