Xenia (en ) é un filme grego de 2014 dirixido por Panos H. Koutras. É unha coprodución entre Grecia, Bélxica e Francia. Foi escollido para competir na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014, e na sección de Cinema Mundial Contemporáneo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2014. Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O filme trata sobre dous irmáns, Dany, de 15 anos, homosexual, e Odysseas (Ody), de case 18 anos. A súa nai, unha cantante albanesa, acaba de morrer. Temendo ser deportados, os irmáns marchan de Atenas a Salónica na busca do seu pai grego. Están obsesionados coa cantante italiana Patty Pravo, e Ody, que ten unha gran voz, planea cantar unha das súas cancións nun concurso de talentos.Holden, Stephen (11 de outubro de 2015) Xenia: a fraternal bond and a quest en The New York Times. Consultado o 30 de xuño de 2017
Personaxes Kostas Nikouli como Dany Nikos Gelia como Odysseas Yannis Stankoglou como Lefteris Marissa Triandafyllidou como Vivi Aggelos Papadimitriou como Tassos Romanna Lobats como Maria-Sonia Patty Pravo como ela mesma Ioulios Tziatas como Moustafa
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes en lingua albanesa Categoría:Filmes de Grecia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes ambientados en Grecia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Grecia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Bélxica Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais