Angelo Agostini, nado en Vercelli (Piemonte) o 8 de abril de 1843 e finado no Río de Xaneiro o 28 de xaneiro de 1910, foi un deseñador italo-brasileiro que fixo carreira no Brasil e foi o artista gráfico máis importante do Segundo Reinado. A súa carreira comezou cando estalaron os primeiros combates da Guerra de Paraguai (ou Guerra da Tripla Alianza, 1864) e prolongouse durante máis de corenta anos. Nas súas últimas obras foi testemuña da caída do Imperio e da consolidación da República oligárquica.

Traxectoria Viviu a súa infancia e adolescencia en París, e en 1859, con dezaseis anos, marchou a São Paulo coa súa nai, a cantante de ópera Raquel Agostini.

En 1864 comezou a súa carreira como debuxante, cando fundou Diabo Coxo, o primeiro xornal ilustrado publicado en São Paulo, que contaba con textos do poeta abolicionista Luís Gama. Esta publicación periódica, a pesar de ter repercusión, tivo unha duración efémera, sendo pechada en 1865. No ano seguinte (1866), o artista puxo en marcha o Cabrião, cuxa sede chegou a ser vandalizada, debido aos constantes ataques de Agostini contra o clero e as elites escravistas de São Paulo. Esta publicación periódica quebra en 1867 .

O artista trasladouse a Río de Xaneiro, onde continuou desenvolvendo unha intensa actividade a prol da abolición da escravitude, para o que realizou varias representacións satíricas de D. Pedro II .

Colaborou, tanto con debuxos como con textos, coas publicacións O Mosquito e A Vida Fluminense . Neste último, o 30 de xaneiro de 1869, publica As Aventuras de Nhô Quim ou Impressões de Uma Viagem à Corte, considerado o primeiro cómic brasileiro e un dos máis antigos do mundo.

Fundou, o 1 de xaneiro de 1876, a Revista Ilustrada, fito editorial no país daquela. Nela crea o personaxe Zé Caipora (1883), que se retoma en O Malho e, posteriormente, no Don Quixote. Este foi reeditado en fascículos en 1886, que, para algúns autores, foi a primeira revista de banda deseñada con carácter fixo que se estreou no Brasil.

Unha vida conturbada esquerda|miniatura|200x200px| A Revista Ilustrada, de Angelo Agostini, periódico republicano, retrataba de xeito caricaturístico a Antônio Conselheiro, cunha comitiva de bufóns armados de vellos trabucos, que tentaban "barrear" a República. No Río de Xaneiro, o artista, xa casado, envolto en novas complicacións ao se converter amante da súa alumna, Abigail de Andrade. Era unha artista prometedora, a única muller que recibiu a medalla de ouro polo traballo exposto no Salón Imperial de 1884, e recibiu eloxios da crítica da época. miniatura| De esquerda a dereita: Angelina Agostini (filla de Angelo Agostini, entón 5 anos), a nai dos Bernardelli, unha dama descoñecida, o fillo, Angelo Agostini, Félix Bernardelli e Eliseu Visconti - París - 1893. A relación amorosa, o embarazo e o nacemento en 1888 da filla Angelina provocaron un grande escándalo na cidade e obrigaron á parella a marchar a París en outubro dese mesmo ano. En Francia, un novo drama implica a Agostini: en abril de 1890 naceu o seu fillo, Angelo, que morreu de neno e, pouco despois, a súa nai. Angelo Agostini volveu entón a Río de Janeiro coa súa filla, que máis tarde se convertería en pintora, e morreu en 1973.

Á súa volta ao Brasil, Agostini fundou a revista Don Quixote (1895-1906) e traballou na revista O Tico Tico, retomando o personaxe de Zé Caipora, cuxos relatos se publicarían até decembro de 1906. Tamén traballou en O Malho e na Gazeta de Notícias, entre outros.

No seu nome creouse o Premio Angelo Agostini, que concede anualmente a Associação de Quadrinistas e Caricaturistas de São Paulo para a creación do Día do Quadrinho Nacional, celebrado o 30 de xaneiro. Dia do Quadrinho Nacional ou Dia Nacional dos Quadrinhos?

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Abigail de Andrade Cómics brasileiros Banda deseñada Historia da banda deseñada

Ligazóns externas Reportaxe publicada no Estadão O carnaval visto por Angelo Agostini Angelo Agostini em Dezenovevinte - Arte Brasileira do Século XIX e início do XX

Categoría:Brasileiros de ascendencia italiana Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados no Piemonte Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1910