Shigella sonnei é unha especie de bacteria gramnegativa do xénero Shigella. Xunto con Shigella flexneri, é responsable do 90% dos casos de shigelose.Diccionario Galego de Termos Médicos. Páxina 702 - shigelose.EMedicine - article 182767 Shigellosis|clinical Shigella sonnei recibe o seu nome en honra do bacteriólogo danés Carl Olaf Sonne.WhoNamedIt - 3001 - Carl Olaf Sonne WhoNamedIt - 3637 - Shigella sonnei É unha bacteria gramnegativa, con forma de bacilo, non móbil, e non formadora de esporas.
Fisiopatoloxía Esta especie polimeriza a actina da célula hóspede.
Evolución Esta especie é clonal e está espallada por todo o mundo. Unha análise de 132 cepas mostrou que se orixinaron dun antepasado común en Europa arredor do ano 1500 d.C.
Causas
As bacterias do xénero Shigella do "grupo D" causan shigelose. As persoas que se infectan con estas bacterias libérana nas súas feces, causando así a posibilidade de que se espalle pola auga ou por contacto directo cunha persoa por vía oral. As condicións hixiénico-sanitarias malas ou a comida ou auga contaminada contribúen a contraer esta doenza.
Persoas en risco Os meniños e nenos, anciáns, viaxeiros e persoas enfermas son susceptibles de sufrir os síntomas máis graves da enfermidade causada por S. sonnei. A shigelose padécena comunmente individuos con síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA) e complexos relacionados coa SIDA, así como homes homosexuais sen SIDA. A shigelose pode transmitirse tamén por persoas con SIDA que contraeron previamente unha shigelose grave e prolongada, incluíndo os que teñen a infección espallada polo torrente circulatorio, o cal pode ser mortal. Bad Bug Book 2d ed. – BBB – Shigella spp., Foodborne Pathogenic Microorganisms and Natural Toxins Handbook, FDA.
Síntomas As infeccións oden orixinar febre aguda, dores abdominais agudos, dores rectais, náusea, diarrea acuosa ou feces con sangue, moco ou pus, que poden aparecer nun período de 1 a 7 días despois de estar en contacto coas bacterias. A maioría das infeccións por Shigella adoitan desaparecer sen complicacións, pero se se deixa sen tratar ou se atrasa a diagnose pode orixinar algunhas complicacións graves como deshidración (algunhas poden orixinar un shock e a morte), convulsións, síndrome hemolítico-urémico, megacolon tóxico e artrite reactiva.Mayo Clinic Staff. "Shigella Infection". Shigella Infection Complications. Mayo Foundation for Medical Education and Research, 24 de agosto de 2012. Consultado o 13 de maio de 2015. As persoas con diarrea adoitan recuperarse completamente, aínda que poden pasar varios meses ata que os seus hábitos intestinais sexan totalmente normais. Unha vez que se tivo shigelose, xa non é probable infectarse de novo co mesmo tipo de microbio polo menos durante varios anos. Porén, poden infectarse con outros tipos de Shigella.CDC Staff""
Posibles complicacións Deshidración As convulsións aparecen máis a miúdo en nenos, aínda que non se coñece como a Shigella causa estas complicacións. As infeccións no sangue poden orixinarse nas infeccións por Shigella, que dana os intestinos, o que permite que este e outros xermes viaxen polo torrente circulatorio. O prolapso rectal pode darse pola tensión durante os movementos intestinais. O megacolon tóxico paraliza os movementos intestinais ou causa o paso de gas. Artrite reactiva, que é a inflamación das articulaciónsMayo Clinic Staff. "Shigella Infection". Shigella Infection Complications. Mayo Foundation for Medical Education and Research, 24 de agosto de 2012. Consultado o 13 de maio de 2015. A síndrome hemolítica-urémica é unha complicación que aparece cando as bacterias entran no sistema dixestivo e produce toxinas para destruír as células sanguíneas que poden causar como síntoma diarrea sanguinolenta.
Prevención Non se dispón de vacinas contra a Shigella. A mellor prevención contra a shigelose é o lavado de mans coidadoso e frecuente con xabón e auga antes e despois de usar o váter e antes de maniplar alimentos; ademais, é importante aterse estritamente ás precaucións de seguridade estándar coa comida e auga. Evitar ter relacións sexuais con persoas con diarrea ou que se acaban de recuperar dunha diarrea. Tamén é importante evitar beber ou tragar auga de lagoas, lagos ou piscinas non tratadas.
Tratamento Informouse de resistencia a antibióticos nesta bacteria.
Cultivo no laboratorio Pode cultivarse en ágar MacConkey e TSA, a 37 °C como temperatura óptima, pero tamén pode crecer a 25 °C. É un organismo anaerobio facultativo e quimioorganótrofo e produce ácido cando cataboliza carbohidratos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Shigella sonnei at MicrobeWiki Shigella sonnei no NCBI Taxonomy Browser Type strain of Shigella sonnei en BacDive – the Bacterial Diversity Metadatabase
Categoría:Enterobacteriales