Unha glicoforina é unha sialoglicoproteína da membrana plasmática dos glóbulos vermellos do sangue. É unha proteína que abrangue toda a membrana e contén moléculas de azucre (é unha glicoproteína). Está moi glicosilada (60%). As glicoforinas son ricas en ácido siálico, o que lles dá aos glóbulos vermellos un recubrimento cargado electricamente e moi hidrófilo. Isto permítelles circular polo sistema circulatorio sen adherirse a outras células ou ás paredes dos vasos sanguíneos.
Unha determinada mutación que se encontra nas glicoforinas crese que produce un 40% de redución do risco de padecer malaria grave.
Identificación Ao realizar a separación das membranas de glóbulos vermellos por medio de electroforese SDS-PAGE e tinguir con tinguidura de ácido periódico-Schiff (PAS), poden identificarse catro glicoforinas. Foron nomeadas como glicoforina A, B, C e D en orde da cantidade na que se presentan nas membranas, das cales a glicoforina A é a máis común e a D a menos común (a D considérase agora unha variante da C, xa que están codificadas no mesmo xene). Identificouse unha quinta glicoforina (glicoforina E) no xenoma humano, pero non pode detectarse doadamente nunha tinguidura de xel de rutina. En total, as glicoforinas constitúen o ~2% do total da masa das proteínas da membrana dos glóbulos vermellos. Estas proteínas tamén se coñecen con outras nomenclaturas.
Membros da familia
Os seguintes catro xenes humanos codifican proteínas glicoforinas:
Glicoforina A (GYPA) Glicoforina B (GYPB) Glicoforina C (GYPC) Glicoforina E (GYPE)
A glicoforina D considérase agora que é unha variante da glicoforina C.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
UMich Orientation of Proteins in Membranes protein/pdbid-1afo
Categoría:Glicoproteínas Categoría:Proteínas de membrana