Iphigenia (en ) é un filme grego de 1977 dirixido por Michael Cacoyannis e baseado no mito grego de Ifixenia, a filla de Agamenón e Clitemnestra, a cal ten que ser sacrificada para aplacar a ira da deusa Artemisa. Cacoyannis adaptou o filme, o terceiro na súa triloxía de "traxedia grega" (despois de Electra en 1962 e Troades en 1971), a partir da obra de Eurípides Ifixenia en Áulide. O filme está protagonizado por Tatiana Papamoschou como Ifixenia, Kostas Kazakos como Agamenón e Irene Papas como Clitemnestra. A banda sonora foi composta por Mikis Theodorakis.
Iphigenia foi nomeado ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 50ª edición dos premios. Tamén estivo nomeado á Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1977.
Personaxes Irene Papas como Clitemnestra Tatiana Papamoschou como Ifixenia Kostas Kazakos como Agamenón Costas Carras como Menelao Christos Tsagas como Ulises Panos Mihalopoulos como Aquiles Dimitri Aronis como Calcas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 50ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia Categoría:Filmes dirixidos por Michael Cacoyannis Categoría:Filmes ambientados en Grecia Categoría:Filmes ambientados na Grecia antiga