TerraSAR-X é un satélite artificial da axencia espacial alemá DLR lanzado a bordo dun foguete Dnepr desde o Cosmódromo de Baikonur o 15 de xuño de 2007.esquerda|miniatura|PDF de introdución ao TerraSAR-X, e o seu uso para determinar subsidencias etc., por Gonzalo González (Universidade de Santiago de Compostela).|160x160px Características TerraSAR-X é un satélite para a observación da Terra mediante radar cunha resolución de 1 m.

É o primeiro satélite alemán froito da colaboración público-privada entre a axencia espacial pública DLR e a empresa EADS Astrium GmbH, que compartiron custos de construción do satélite.

Ademais do radar, TerraSAR-X levaba a bordo un terminal de comunicacións láser e un experimento de seguimento e ocultación por GPS.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Dnepr (foguete) Subsidencia

Categoría:Observatorios espaciais