María Pilar Bouzas Pérez, nada en Allariz e finada no mesmo concello en 2005, foi unha mestra galega.

Traxectoria Filla do médico Antonio Bouzas Alonso e irmá de María Bouzas Pérez. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense, aprobou as oposicións en 1934,El Pueblo Gallego, 5-10-1934, p. 7. e foi mestra de Casnadagaia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa irmá María tivo que marchar ao exilio e outros dous irmáns morreron na guerra. Depurada como mestra en 1943 foi condenada ao exilio na escola de Fuen del Cepo (Teruel).El Pueblo Gallego, 22-9-1943, p. 2 Retornada á súa escola de Allariz dedicouse ao fomento da lectura, a promoción da poesía e a organización de tarefas para os rapaces. En 1966 gañou o Concurso de divulgación social na escola primaria.La Región, 24-5-1966, p. 6. Foi concelleira de Allariz en 1974.El Pueblo Gallego, 15-2-1974, p. 15."Allariz homenaxea a Pilar Bouzas, mestra e a primeira muller que foi concelleira", La Voz de Galicia, Ourense, 13-3-2009, p. 14.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pilar Bouzas Pérez

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Allariz

Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Allariz Categoría:Finados en 2005