Astrid Båhl, nada como Astrid Margarete Bål o 6 de xuño de 1959, é unha artista saami de Noruega. Alén da súa obra como artista, tamén deseñou a bandeira oficial dos saamis.

Traxectoria miniatura|250px|Bandeira dos saamis. Astrid Båhl naceu en 1959 en Karesuando, no condado de Norrbotten, Suecia, e sendo nena trasladouse a Skibotn, Storfjord, no condado de Troms, en Noruega. Estudou educación artística no ensino secundario en Narvik, e continuou a súa formación na Academia Nacional Norueguesa de Artesanía e Industria da Arte en Oslo, onde estudou impresión téxtil, deseño gráfico e debuxo a man alzada. Båhl expuxo o seu traballo en varias exposicións, incluíndo "Mijjen luunie – Kums oss", unha exposición móbil saami do sur en 1994, e "ČSV- å visualisere Sápmi" en Jeløya en 2006.

En 1986, gañou un concurso patrocinado polo xornal Sámi Áigi para deseñar unha bandeira para o pobo saami, superando máis de 70 entradas. A bandeira foi adoptada e izada oficialmente por primeira vez na XIII Conferencia Saami en Åre, Suecia, o 15 de agosto de 1986. Segundo Båhl, o deseño da bandeira inspirouse no poema en lingua saami do sur "Päiven Pārne'" (Fillos dos Sol) de Anders Fjellner e simboliza que o sol dá vida á terra. No seu deseño, Båhl tamén se inspirou en vellos escritos e libros sobre linguas saamis, mitoloxía e simbolismo.

Båhl tamén deseñou os selos postais noruegueses para Tråante 2017, un festival que conmemorou o 100 aniversario da Asemblea Saami de 1917 en Trondheim.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Pobo saami Categoría:Artistas de Noruega