A bandeira dos bérberes (en lingua bérber: ⴰⴾⴻⵏⵢⴰⵍ ⴰⵎⴰⵣⵉⵗ; Akenyal Amaziɣ) é unha bandeira étnica que representa os bérberes, creada para representar a súa nación así como á diáspora, manifestacións culturais e políticas. No presente, é empregada por organización políticas e culturais bérberes de 10 países do norte de África, incluíndo Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, Mauritania, Malí, Níxer, Burkina Faso, Exipto e as Illas Canarias (España).
A bandeira foi izada orixinalmente en Wadya, unha vila de Cabilia, en Alxeria, polo veterano cabilo alxeriano Youcef Medkour.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nacionalismo bérber Alfabeto tifinagh Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras étnicas Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Nacionalismo bérber Categoría:Cultura bérber Categoría:Bandeiras introducidas en 1970 Categoría:Bandeiras introducidas en 1997