Salamanca (en lingua seneca: Onë:dagö:h),Chafe, Wallace: "English-Seneca Dictionary", p. 141. Consultado o 5 de febreiro de 2022. é unha cidade do condado de Cattaraugus, Estado de Nova York, nos Estados Unidos, situada dentro da reserva india Allegany, unha das dúas gobernadas pola Nación Seneca de Nova York. Recibiu o seu nome na honra de José de Salamanca, nobre e político español de mediados do século XIX, debido ás xenerosas doazóns que fixo á comunidade indíxena dos indios Seneca.

Xeografía Encóntrase na reserva da tribo Seneca, unha das seis tribos da Confederación Iroquesa. ás beiras do río Allegheny, e é adxacente ao Parque Estatal de Alleghany.

Situada a 421 msnm, o municipio ten unha superficie de 16,15 km².

Segundo o censo de 2020 contaba cunha poboación de 5 929 habitamtes, polo que a súa densidae de poboación nese ano era de 950 hab./km².Dato do U.S. Census Bureau en American Factfinder. Salamanca city, New York Arquivado do orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de febreiro de 2022.

Poboación nativa A poboación nativa americana da cidade é aproximadamente un 19 % da total, e non inclúe aos senecas que viven nas aldeas próximas de Jimerson Town (unha das dúas capitais da nación) e Kill Buck.

Historia A cidade de Salamanca —en inglés, City of Salamanca— foi incorporada en 1913 á municipalidade de Salamanca —en inglés, Town of Salamanca—, que a rodea.

É a única cidade dos Estados Unidos que foi construída en terreos arrendados a unha reserva india. O arrendamento dos Senecas comezou a mediados do século XIX e é efectivo até 2030.Allegany Indian Reservation. The Columbia gazetteer of North America. Columbia University Press, 2000. Arquivado do orixinal o 28 de xuño de 2008. Consultado o 5 de febreiro de 2020.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hogan, Thomas E. (xaneiro de 1974): "City in a Quandary: Salamanca and the Allegany Leases", New York History nº 55.

Ligazóns externas Salamanca. Cattaraugus County - New York Geographic Names Information System . Salamanca Area Chamber of Commerce . Salamanca (New York) na Encyclopædia Britannica, Volume 24, 1911 .

Categoría:Cidades do estado de Nova York