O mate de coca ou té de coca (do quechua kuka mat'i) é unha infusión de follas de coca das rexións andinas de Bolivia e do Perú. A súa presenza abrangue tamén outros países andinos, como Ecuador, o norte de Chile, algunhas zonas de Colombia e todo o norte da Arxentina.
É unha bebida consumida como estimulante e tamén para curar o soroche ou mal de montaña. Posúe, amais, un valor simbólico. A bebida ten efectos enerxizantes similares aos do café.
A venda e consumo das follas de coca é legal no Perú, Colombia e Bolivia, e tamén é moi común no norte da Arxentina. Nos restaurantes, ao finalizar a comida, é común ofrecer mate de coca en bolsas filtrantes para estimular a dixestión. Pode ser endulzado con azucre ou mel.
Plantas utilizadas Polo xeral, utilízanse catro variedades de plantas da familia das Erythroxylaceae:
E. coca var. coca E. coca var. ypadu (coca amazónica) E. novogranatense var. novogranatense (coca boliviana) E. novogranatense var. truxillense (coca de Trujillo)
Características A infusión conserva algunhas propiedades farmacolóxicas da folla de coca. A comercialización en bolsas filtrantes é legal no Perú e Bolivia, do mesmo xeito que a fariña de coca.
É de cor verde amarelenta. Ten un lixeiro sabor amargo, parecido ao té verde, mais lixeiramente máis doce.
Usos en Suramérica Uso medicinal O consumo de mate de coca é común en varios países de Suramérica. Os pobos indíxenas das montañas dos Andes emprégano con fins medicinais e relixiosos. Substances that produce addiction - Universidad de Buenos Aires
O consumo de mate de coca e o mascado das follas de coca incrementan a absorción do osíxeno no sangue. En consecuencia, axudan a combater o mal de montaña e favorecen a dixestión. Ademais, ten un efecto carminativo, é dicir, favorece a expulsión de gases do tubo dixestivo.
A fariña de coca consiste en follas de coca moídas finamente. Pode empregarse como o café nunha máquina de café, para obter unha bebida máis forte e concentrada.
Turismo Nos "Camiños do Inca" a Machu Picchu os guías ofrecen mate de coca frecuentemente en cada comida, para aliviar o mal de montaña.http://www.43places.com/entries/view/737664 What's the best way to prevent altitude sickness?http://www.virtualtourist.com/travel/South_America/Peru/Departamento_de_Cusco/Cusco-1609235/Warnings_or_Dangers-Cusco-Altitude_Sickness_Soroche-BR-1.html Altitude Sickness - Soroche, Cusco by Virtual Tourist
Notas
Categoría:Bebidas estimulantes