Henrietta Holsman Fore, nada en Chicago, Illinois, o 9 de decembro de 1948, é unha alta funcionaria e diplomática estadounidense, que foi directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos (2001-2005) e directora executiva de UNICEF (2018-2022).

Traxectoria

Primeiros anos e formación Fore naceu en Chicago o 9 de decembro de 1948, filla de nai sueca e de pai estadounidense, participante na primeira guerra mundial.Baumberger Crane, B. (2020). "Interview with Henrietta Holsman Fore, Executive Director, UNICEF ". En Wellesley Magazine.

En 1966, Fore graduouse de ensino secundario na institución privada Baldwin School, en Bryn Mawr, Pensilvania. Posteriormente ingresou no Wellesley College, onde en 1970 acadou a súa graduación en Historia, Economía e Arte. En 1975 obtivo un mestrado en Administración pública na Universidade de Colorado do Norte"Biography: Henrietta H. Fore". Unicef. En 1986 estudou Política Internacional na Universidade de Oxford e o ano seguinte formouse tamén na Escola de Negocios da Universidade Stanford."Henrietta Holsman Fore Sworn in as Director of U.S. Mint". United States Mint. 7 de agosto de 2001.

Carreira profesional miniatura|Henrietta H. Fore coa primeira ministra escocesa, Nicola Sturgeon, en 2019.

Logo do período universitario, Fore comezou a traballar no Goberno federal dos EEUU, e tamén nunha empresa familiar, un pequeno negocio de fabricación no sector do aceiro, ao que estivo vinculada durante 12 anos. Desde 1977 a 1989 foi a presidenta e directora de Stockton Wire Products en Burbank, California. Entre 1981 e 1989 presidiu tamén o consello de administración de Pozacorp, Inc., na mesma localidade."Nomination of Henrietta H. Fore To Be an Assistant Administrator at the Agency for International Development". George H.W. Bush Library & Museum. 3 de outubro de 1991.

O 3 de outubro de 1991 foi nomeada administradora axudante da Axencia para o Desenvolvemento internacional."Nomination of Henrietta H. Fore [...]". Weekly Compilation of Presidential Documents. 7 de outubro de 1991. Páxina 1.392. Entre 1993 e 2017 foi tamén a presidenta da corporación de investimentos Holsman International.

En agosto de 2001, o presidente George W. Bush nomeou a Henrietta H. Fore como trixésimo sétima directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint), a sexta muller en ocupar o posto.McPike, S. (2015). "Six Women Who Have Led the United States Mint ". United States Mint News. 18 de marzo. Permaneceu no cargo ata agosto de 2005."Henrietta Fore becomes new UNICEF Executive Director". Unicef. 1 de xaneiro de 1918.

Entre 2005 e 2007, Fore ocupou o posto de subsecretaria de Estado de Xestión e directora de operacións do Departamento de Estado dos Estados Unidos.

De 2007 a xaneiro de 2009, foi nomeada administradora da Axencia dos EEUU para o Desenvolvemento Internacional (USAID, polas súas siglas en inglés), e directora de Asistencia Exterior dos EEUU, cun rango equivalente ao dunha Subsecretaría de Estado. miniatura|Henrietta H. Fore co secretario de Estado, Michael R. Pompeo, en abril de 2019.

En xaneiro de 2018, Fore ingresou na organización UNICEF como a súa nova directora executiva."UNICEF welcomes announcement of next Executive Director". Unicef.org Nesta condición, Fore traballou en colaboración coa Coalición para as Innovacións na Preparación ante Epidemias (GAVI, polas súas siglas en inglés), e coa Organización Mundial da Saúde, entre outros organismos, para facilitar a vacinación contra a pandemia de COVID-19. Fore dimitiu do seu cargo en UNICEF a finais de 2021 para atender un grave problema de saúde do seu marido.

Ao longo da súa carreira profesional, Henrietta H. Fore formou tamén parte da direccióne de diversas empresas e outras entidades tanto estadounidenses e como internacionais; entre outras, presidiu a Asia Society e a Middle East Investment Initiative, copresidiu a Women Corporate Directors e integrou os consellos de administración do Center for Strategic and International Studies (CSIS), o Aspen Institute, o Committee Encouraging Corporate Philanthropy (CECP), o Center for Global Development (CGD) e a Overseas Private Investment Corporation.

Recoñecementos

2005: Premios Alexander-Hamilton, do Departamento do Tesouro. 2009: Premio ao Servizo Distinguido, da Secretaría de Estado dos EEUU."Henrietta Fore ". The American Academy of Diplomacy (AAD).

Vida persoal Fore casou, durante o seu derradeiro curso na universidade, con Richard L. Fore, con quen ten catro fillos.

Escolma de publicacións

(1994). "Lean Development and the Privatization of U.S. Foreign Assistance". En The Washington Quarterly. Vol. 17. Nº 1. (2018). "Primary health care for the 21st century, universal health coverage, and the Sustainable Development Goals" (con T. A. Ghebreyesus et al.). En The Lancet. 392 (10156): 1371-1372. (2019). "Health for all" (con S. Berkley). En Science. 364 (6438): 309. (2020). "A wake-up call: COVID-19 and its impact on children's health and wellbeing". En The Lancet Global Health. 8 (7): e861e862. (2020). "Child malnutrition and COVID-19: the time to act is now" (con Qu Dongyu et al.). En The Lancet. 396 (10250): 517-518.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Políticos do Partido Republicano dos Estados Unidos de América Categoría:Diplomáticos dos Estados Unidos de América