Álvaro Tauchert Soler, nado en Sant Cugat del Vallès o 9 de xaneiro de 1991, coñecido artisticamente como Álvaro Soler, é un cantante e compositor hispano-alemán. Deuse a coñecer polo éxito do seu primeiro sinxelo, El mismo sol, no verán de 2015. Unha versión da canción, xunto a Jennifer Lopez, ocupou os primeiros postos das listas musicais de máis de 25 países de Europa e Latinoamérica. Un ano despois lanzou o sinxelo Sofía. O vídeo oficial alcanzou máis de seiscentos millóns de reproducións en Youtube, co que logrou así un novo éxito.
Traxectoria De pai alemán e nai belga-española, pasou a primeira infancia na cidade de Sant Cugat del Vallès, a escasos quilómetros da súa cidade de nacemento. Aos dez anos trasladouse a Tokyo por motivos laborais do pai, até que con dezasete volveu a Barcelona. É políglota, fala español, catalán, alemán, inglés, francés, italiano e xaponés.Álvaro Soler, un babel con “patas” ¡español, catalán, alemán, inglés, italiano y japonés!
2010-2014: Urban Lights En 2010 creou co seu irmán Gregory e outros amigos o grupo Urban Lights, que mesturaba pop británico, electrónico e indie. Realizaron concertos en diferentes salas de Barcelona e mesmo participaron no concurso ¡Tú sí que vales!, onde chegaron á final.
Durante eses anos, Soler compaxinaba a música cos estudos de enxeñaría en Deseño industrial en ELISAVA.
2015-actualidade: «El mismo sol» e álbum debut Eterno Agosto A principios de 2015, Álvaro mudouse a Berlín, e alí gravou o seu primeiro sinxelo en solitario, El mismo sol. Tivo un grande éxito en Italia e Suíza, onde chegou a ser nº1 en vendas. Tamén entrou nas listas doutros países europeos como Alemaña, Francia, Bélxica, Austria ou os Países Baixos. Foi artista convidado na terceira edición do concurso The Voice of Italy.
En iTunes entrou nas listas de 30 países europeos. Chegou a ser a 16ª canción máis descargada en Europa e a 38ª a nivel mundial. O 10 de agosto dese ano publicouse unha versión da canción, en español e inglés, xunto a Jennifer Lopez. A finais de agosto comezaron a gravar o videoclip en Nova York.
Debido ao impacto de El mismo sol en Italia e Suíza, decidiuse estrear en Italia o seu primeiro disco en solitario, Eterno Agosto, que entrou nas listas musicais de ambos países. A finais de agosto estreouse en Francia e, durante o outono, en España.
O 15 de abril de 2016 empezou a radiodifusión do sinxelo Sofía. O seu videoclip superou os catrocentos millóns de reproducións.
A cantante mexicana Thalía convidouno a participar nunha canción da versión de luxo do seu novo álbum, cuxo lanzamento estaba previsto para finais de 2017.
O 8 de abril de 2016 anunciouse que Soler sería xuíz da décima edición italiana de X Factor. O grupo Soul System, do seu equipo, foi o gañador da edición.
O 16 de xuño de 2017 publicou a súa colaboración co grupo colombiano Morat, "Yo contigo, tu conmigo", para a película Despicable Me 3, estreada ese mesmo ano. A canción conseguiu o disco de platino en España e en Italia, xunto co premio de Los 40 Principales á Canción do Ano Nacional.
O 29 de marzo de 2018 publicou un novo sinxelo, La Cintura. O 7 de setembro lanzouse o seu novo álbum, "Mar de Colores". Foi presentado xunto ao sinxelo La Cintura. Editouse tamén un remix coa colaboración de Flo Rida e Martina Stoessel.
En abril de 2020 publicou o sinxelo «Barrer a casa», composto durante o confinamento por consecuencia da pandemia de coronavirus. Composto e interpretado xunto a Sofía Ellar, trata sobre a corentena, cunha mención ao «aplauso sanitario».
Discografía Álbums de estudio +Lista de álbums, con posicións en listas e certificaciónsTítuloDetalles de álbumMellores posiciónsCertificaciónsESPALEAUTBEL (FL)FRAITAPOLPara «Eterno Agosto»: SUIEterno agosto Lanzamento: 26 de xuño de 2015 Discográfica: Airforce 1 Records, Universal Music Formatos: CD, Descarga dixital25566879111 ALE: Ouro AUT: OuroPara visualizar as certificacións escribir "Alvaro Soler" na barra "Interpret", posteriormente premer "Suchen": ITA: Platino POL: 3× Platino SUI: OuroMar de Colores Lanzamento: 7 de setembro de 2018 Discográfica: Airforce 1 Records, Universal Music Formatos: CD, Descarga dixital98826—1024 POL: OuroMagia Lanzamento: 2021 Discográfica: Airforce 1 Records, Universal Music Formatos: CD, Descarga dixital3"—" Denota unha gravación que non foi lanzada nese territorio
Sinxelos +Lista de sinxelos como artista principal, con posicións en lista e certificacións, ano de lanzamento e nome do álbumAnoTítuloMellores PosiciónsCertificaciónsÁlbum ESP ALE AUT BEL (FL) FRA ITA POL SUI2015El mismo sol (En solitario ou con Jennifer Lopez)6206831111 ESP: 2× Platino ALE: Ouro AUT: Ouro BEL: Ouro ITA: 6× Platino POL: 3× Platino SUI: PlatinoEterno AgostoAgosto——————1— POL: Platino2016Sofía723319111 ESP: 2× Platino ALE: Platino AUT: Ouro BEL: Platino FRA: Ouro ITA: 8× Platino POL: Diamante SUI: 2× PlatinoLibre (con Paty Cantú, Emma Marrone ou Monika Lewczuk)—————261— ITA: Platino2017Animal——————7—Yo contigo, tú conmigo (The Gong Gong Song) (con Morat)18————2918— ESP: Platino ITA: PlatinoMar de Colores2018La Cintura (En solitario ou con Flo Rida & Tini)3783121234 ESP: 3× Platino ALE: Platino AUT: Platino BEL: Ouro FRA: Ouro ITA: 3× PlatinoLo Mismo (con Maître Gims e Jugglerz)————————2019Loca23——21——1295La Libertad—625128—67—65 ITA: Ouro2020Barrer a casa (con Sofía Ellar)Sen álbum2021Magia100——————— ESP: OuroMagia"—" indica que a canción non conseguiu entrar na lista de éxitos ou non foi lanzada nese territorio.
Televisión AnoProgramaPostoPaís2013¡Tú sí que vales!FinalistaEspaña2015Tu cara me suenaInvitado2017Tu cara me suenaX FactorXuízItalia2018Fama, ¡a bailar!InvitadoEspañaBailando con las estrellasOperación Triunfo 20182019La mejor canción jamás cantada2021The Voice KidsCoachAlemaña
Premios e nomeamentos Ano Candidatura Resultado 2012 Primavera Sound Finalista 2015Coca Cola Summer FestivalPremio 40 Principales ao mellor artista revelación nacional 2016 European Border Breakers Award - EspañaLatin American Music Award ao Novo Artista do Ano Latin American Music Award ao Novo Artista - Pop/Rock Latin American Music Award a la Canción Favorita - Pop/RockMTV Europe Music Award ao Mellor Artista Español 2017 Swiss Music Award Best Breaking Act International Premio 40 Principales á Canción do Ano Nacional (Yo contigo, tú conmigo (The Gong Gong Song))
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Álvaro Soler narrada polo seu representante Álvaro Soler - Volar (YouTube)
Categoría:Nados en Sant Cugat del Vallès Categoría:Nados en 1991 Categoría:Cantantes de Cataluña Categoría:Cantantes de Alemaña Categoría:Cantantes en lingua castelá