Quinto Marcio Trémulo (en latín, Quintus Marcius Tremulus) foi un maxistrado romano de orixe plebea. Formaba parte da rama plebea da gens Marcia.

Traxectoria Foi dúas veces cónsul co patricio Publio Cornelio Arvina.Tito Livio, Ab Urbe condita, Libro IX, 43 A primeira no 306 a.C. e a segunda no 288 a.C. No primeiro período dirixiu a guerra contra os hérnicos e os anagnios ós que venceu con facilidade, e logo acudiu en apoio do seu colega fronte os samnitas. Estes, ao velo chegar, atacárono de súpeto para evitar que se unise a Arvina, pero este soubo chegar a tempo no seu apoio e os dous xenerais romanos lograron unha gran vitoria. Arvina quedou vixiando o Samno e Trémulo volveu a Roma, onde celebrou o seu triunfo sobre os hérnicos,Broughton 1951, p.165 e se lle ergueu unha estatua no foro, fronte ao templo de Cástor.Smith 1867, p. 1172

No 288 a. C., Trémulo foi elixido cónsul por segunda vez, unha vez máis con Publio Cornelio Arvina como colega. Descoñecen os feitos do seu mandato porque deste período non se conserva datos da obra de Tito Livio, a principal fonte da historia romana primitiva. Porén, é probable que durante este ano houbese moito malestar popular, xa que, no ano seguinte, se produciu un conflito cos plebeos.Broughton 1951, p.185

É posible que fose o pai de Quinto Marcio Filipo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III