Diego Bará Louro, nado en Pontevedra o 28 de xaneiro de 1997, é un poeta galego.
Traxectoria Cursou o Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, fixo un Ciclo Superior de Igualdade en Xénero e cursou estudos na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Campus Pontevedra da Universidade de Vigo.
É militante de Galiza Nova desde os 17 anosEntrevista ao autor, no Diario de Pontevedra. e en 2021 formaba parte do Consello Local do BNG.
Diego Bará é fillo de Luís Bará e irmán de Sabela Bará.
Obra A miña utopía (2020). Urutau. 80 páxs. ISBN 978-65-87076-20-1.A miña utopía , na páxina web de Urutau.
Infanto-xuvenil
María Miramontes e Ánxel Casal (2025). Con Bea Gregores. Vigo: Ed. do Cumio. 32 páxs. ISBN 9788482897189. Poesía. Virxinia e Castelao (2026). Con Bea Gregores. Vigo: Ed. do Cumio. 40 páxs. ISBN 9788482898001.
Escolma Poesía galega novísima (2020). Urutau. Coord. Marcus Daniel Cabada. 246 páxs. ISBN 978-65-5900-003-4. Poesía galega novísima, na páxina web de Urutau.
Notas
miniatura|Diego Bará en Pontevedra coas estatuas de Valentín Paz-Andrade, Carlos Casares e Ramón Cabanillas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Diego Bará
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1997 Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo