María Isabel Ouzande González, coñecida como Maisa Ouzande, nada en Lamela (Silleda) cara a 1941, é unha actriz galega.

Traxectoria

É filla de José Ouzande, que emigrara aos Estados Unidos nos anos 1920, e finou en 1955. Ao ano seguinte a muller e as fillas marcharon a Arxentina. María Isabel traballou nunha fábrica téxtil e estudou polas noites. Casou e retornou a Galicia en 1983 instalándose na Estrada. Volveu emigrar primeiro a Caracas e despois asentouse en Avellaneda. En 1983 participou nunha pequena obra de teatro e comezou a estudar con Raúl Expósito Gándara. Traballou con Ana María Campoy, Lito Cruz e Fernando Iglesias Sánchez. Dirixiu obras e ensinou teatro no Club Español. Dirixiu o grupo de teatro do Centro Gallego de Buenos Aires.El Grupo de Teatro del Centro Gallego de Buenos Aires presentó ‘Teatrazo 2015’ Retornou a Galicia onde volveu actuar.Maisa Ouzande deja al Teatro estradense con un "depende" Faro de Vigo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Historia de Maisa Ouzande: Cuando una artista se va...

Categoría:Actores de Silleda Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1941 Categoría:Actores de teatro de Galicia