miniatura|250px|A Christ Church de Eccleston Eccleston é unha vila e parroquia civil de Inglaterra, no distrito metropolitano de St Helens, no condado de Merseyside, Inglaterra.
Xeografía Segundo o censo de 2011, tiña nese ano unha poboación de 10 433 habitantes.
Eccleston é unha das sete parroquias civís do municipio de St Helens, e unha das máis grandes, que abrangue os barrios de Eccleston Park, Gillars Green, Eccleston Mere, Eccleston Village e unha zona ao redor da autorestrada A580 East Lancashire Road.
Historia Dentro dos límites do histórico condado de Lancashire, a historia temperá de Eccleston está marcada polo seu status como municipio, cunha superficie moito máis grande que a da parroquia civil moderna, que se estendía até o que hoxe é St Helens..
Parte do municipio uniuse con Parr, Sutton e parte de Windle para formaren o actual municipio de St Helens en 1868.
Educación Eccleston ten algunhas das mellores escolas primarias do municipio, incluíndo unha das tres principais escolas primarias, Eccleston Mere.. Outras escolas son St. Julie e Eccleston Lane Ends. O instituto De La Salle tamén está situado en Eccleston. Os colexios da zona teñen boas instalacións ao aire libre, informática, necesidades especiais e restauración.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Eccleston Parish Council Smithy Heritage Centre
Categoría:Localidades de Merseyside