Des Rocs é un músico estadounidense de rock orixinario da cidade de Nova York. Trátase dun proxecto en solitario producido e liderado polo neoiorquino Daniel Rocco. Cando está de xira, acompáñano William Tully e Eric Mendelsohn, amigos seus e compañeiros a nivel musical dende hai moitos anos.
Des Rocs ten feito xiras con bandas de rock como Muse ou The Rolling Stones. A música de Rocco ten influencias de Muse, Elvis Presley, Jimi Hendrix, Roy Orbison, Kanye West e Queen. Porén, ten un estilo propio e xenuíno.
Historia Orixes e EPs (2018–2020) Rocco comezou a actuar en bares e sotos xa dende os 13 anos. Antes de iniciar o proxecto Des Rocs, formaba parte da banda Secret Weapons, a cal foi abreconcertos de bandas como Panic! at the Disco, Fall Out Boy ou Weezer. Secret Weapons decidiu ficar nun parón permanente tralo deterioración da saúde de Gerry Lang a causa da doenza de Lyme que padece.
Rocco, xa en solitario, publicou o seu primeiro EP, Let The Vultures In, en novembro de 2018.
Xira Alive e A Real Good Person in a Real Bad Place (2021) Na primavera de 2021, Des Rocs anunciou a xira Alive cun concerto en streaming (o "Des Rocs Alive Virtual Concert"). Ao comezo do outono de 2021, iniciou unha xira, con concertos en máis de 20 cidades dos Estados Unidos, que rematou no Bowery Ballroom da cidade de Nova York. O concerto virtual, no cal estreou o EP This is Our Life, rematou co tema "Tick", do que sería o seu próximo álbum, xa previamente anunciado. A letra do tema tamén aludía ao título de dito álbum, A Real Good Person in a Real Bad Place.
O título e os cortes do álbum anunciáronse o 30 de xullo de 2021, coincidindo co lanzamento do primeiro single do álbum, "MMC" (Mickey Mouse Club). Des Rocs lanzou dous singles máis antes da estrea do álbum: "Imaginary Friends" e "Hanging by a Thread".
Discografía
Álbums de estudio TítuloDatos do álbumPosto máis alto das listas de vendas US USRock A Real Good Person In A Real Bad PlaceData de lanzamento: 24 de setembro de 2021 Discográfica: 300 Entertainment Formato: Descarga dixital, streaming——
EP Título Datos do EPLet The Vultures InLanzamento: 2 de novembro de 2018 Discográfica: autoeditado Formato: Descarga dixital, streamingMartyr ParadeLanzamento: 2 de novembro de 2019 Discográfica: Lowly Formato: Descarga dixital, streamingThis Is Our LifeLanzamento: 11 de decembro de 2020 Discográfica: 300 Entertainment Formato: LP, descarga dixital, streaming
Singles TítuloAnoPosto máis alto das listas de vendasEP ou álbumUSAlt.USMain."Used to the Darkness"2018——Let The Vultures In"Let Me Live / Let Me Die"——"Maybe, I"——"Outta My Mind"2019——Martyr Parade"Dead Ringer"——"SLO"——"This Is Our Life"20203623This Is Our Life"Nothing Personal"——"Wayne"— — sen álbum"I Know"——"MMC"2021——A Real Good Person In A Real Bad Place"Imaginary Friends"——"Hanging by a Thread"——
Videoclips AnoTítuloProduciónDirecciónRef.2018"HVY MTL DRMR (Official Visual Experience)"Kristjan Thor2020"Wayne (Official Video Experience)"Des Rocs"I Know"Des Rocs"This Is Our Life"DreambearRock & Egg"Nothing Personal (Official Video Experience)""POS (Official Video Experience)""Suicide Romantics (Official Video Experience)""Pieces (Official Video Experience)"2021"Pieces (Official Music Video)""MMC"Bobby Hanaford"Ruby with the Sharpest Lies (Official Music Video)"
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Personalidades do rock Categoría:Nados en Nova York