miniatura|150px|Man vermella dexter (dereita) miniatura|150px|Man vermella sinister (esquerda, sinistra)

A man vermella do Ulster ou man roxa do Ulster (en inglés: Red Hand of Ulster; en ) é un símbolo usado na heráldica para designar a provincia irlandesa do Ulster, aínda que historicamente a man foi usada por moitos clans de toda a illa de Irlanda, incluíndo as familias gobernantes de Connacht, e os xefes das Midlands.

É unha man aberta de cor vermella, cos dedos cara a arriba, o polgar paralelo aos dedos e a palma cara a adiante. Maiormente móstrase como man dereita, pero ás veces é unha esquerda, como nos escudos dos baronetes.

Antecedentes históricos miniatura|150px| Selo de man vermella orixinal de Ó Néill Ten raíces na cultura gaélica e, aínda que se descoñece a súa orixe e significado, crese que se remonta a tempos pagáns. Algunhas das primeiras pinturas rupestres son mans roxas, tanto en positivo coma en negativo, na Península Ibérica, Europa central etc.

A man vermella está documentada por primeira vez no Ulster no s. XIII, utilizada polos earls (condes hiberno-normandos). Walter de Burgh, primeiro conde do Ulster desde 1243, foi quen combinou a cruz de Burgh coa man roxa para crear unha bandeira do condado do Ulster, que máis tarde se converteu na bandeira moderna. Despois foi adoptada polos O'Neill () cando asumiron o reinado do Ulster (), inventando o título Rex Ultonie en 1317 e reclamándoo sen oposición desde 1345 en diante. Un uso heráldico irlandés precoz en Irlanda da man dereita pódese ver no selo de Aodh Reamhar Ó Néill, rei do Ulster, 1344–1364.National Library of Ireland Heraldry In Ireland

A primeira liña do , poema de Mael Ó hÚigínn do s. XV, di ("Os Úí Eachach son a 'man vermella' de Irlanda"). Os Uí Eachach eran unha das tribos Cruthin (coñecidas como Dál nAraidi após 773) que formaban o antigo reino de Ulaid.

Crese que a man roxa foi usada polos O'Neill contra o dominio inglés en Irlanda na Guerra dos Nove Anos (1594–1603), que remataría coa paz de Londres e a Fuga dos Condes. O grito de guerra ! ("a Man Vermella de Irlanda á vitoria") tamén estaba asociada con eles. Un escritor inglés da época sinalou:

A Orde dos Baronetes foi instituída por cartas patentes de maio de 1612, que establecen que "os baronetes e os seus descendentes levarán e poderán levar, ben nun cantón, ben nun escudo, á súa elección, as armas do Ulster, é dicir, nun campo de prata, unha man de goles ou ensanguentada". Os baronetes máis antigos usaban unha man dereita igual que os O'Neill; con todo, máis tarde converteuse nunha man sinistra (esquerda).

Disputa sobre a propiedade Os dereitos exclusivos sobre o uso do símbolo foron motivo de debate durante séculos, se pertenceu aos O'Neill ou aos Magenises (, McGuinnes). Os O'Neill convertéronse na principal dinastía dos Cenél nEógain do norte de Uí Néill e máis tarde en reis do Ulster, mentres que os Magennises foron a dinastía gobernante dos Uí Eachach Cobo, a principal dinastía dos Cruthin de Ulaid, e do Clanna Rudraige. Un poema do s. XVI sinalaba un desacordo entre o (alias de Clanna Rudraige) e o Uí Néill do norte.

Unha disputa, datada en 1689, sobre cuxa pretensión á Man Vermella era a máis lexítima, xurdiu entre varios poetas:

Diarmaid Mac an Bhaird, un dos últimos bardos irlandeses plenamente adestrados, amonesta a reclamación dos O'Neill, dicindo que pertence xustamente aos Magennis e que se lles debía permitir mantelo. Apoia a afirmación en textos medievais atribídos a Conall Cernach, o lendario antepasado do Uí Eachach Cobo. Eoghan Ó Donghaile refuta a (Clanna Rudraige) o dereito ao símbolo. Cita unha historia baseada no Lebor Gabála que afirma que pertence aos descendentes de Érimón, de quen se di que descende Conn o das Cen Batallas e, polo tanto, O'Neill. Niall Mac Muireadhaigh rexeita ambas as afirmacións e di que pertence ao (descendente dos Tres Collas, os lendarios antepasados dos Airgíalla). Mac Muireadhaigh burla de Ó Donnghaile, di que é un parvo e considera deplorable que sexa un autor.

Mac an Bhaird e Ó Donnghaile fixeron outras cuartetas na disputa: o primeiro ridiculiza a Ó Donnghaile por non proceder de familia de bardos e di que é de rango sen honra, ademais de insinuar o vínculo xenealóxico da súa familia cos O'Neill.

Escribindo en 1908, o entón xefe do clan O'Neill di da man vermella:

Posibles orixes Os mesmos implicados na disputa dos bardos de 1689 afirmaron que o símbolo procedía dun antepasado lendario que puxo a súa man con sangue nunha faixa ou lenzo após da vitoria na batalla:

Diarmaid Mac an Bhaird afirmou que Conall Cernach (mítico heroe Ulaid do Ciclo do Ulster) puxo a súa man ensanguentada nun lenzo mentres vingaba a morte de Cú Chulainn (outro heroe de Ulaid), e que pertenceu aos seus descendentes desde entón. Isto di estar avalado por textos medievais como ("O conto do porco de Mac Da Thó"), o (tamén coñecido como e ), e o poema de Ó hÚigínn que comeza . Eoghan Ó Donnghaile, baseando o conto no , afirmou que despois de que os milesios derrotasen aos Tuatha Dé Danann, concedéronselle tres obxectos preciosos, entre eles unha faixa coa man vermella. Este estandarte acabou en mans dos descendentes de Érimón, fillo de Míl, de quen se di que descende Conn o das Cen Batallas e, polo tanto, O'Neill. Os textos superviventes do Lebor Gabala mencionan catro tesouros pero non unha faixa. Niall Mac Muireadhaigh afirmou que cando os Tres Collas derrotaron aos Ulaid, un deles colocou a súa man ensanguentada nunha faixa que lles quitaron. Logo, afirma que o clan Domhnaill usou o símbolo no seu tempo e acepta o poema . Porén, segundo o historiador Gordon Ó Riain, Mac Muireadhaigh confundiu o , elemento para significar os descendentes de Echu Doimlén, pai dos Colla, cando en realidade é en referencia a Echu Coba, antepasado lendario dos Magennis.

O historiador Francis J. Bigger sinala o uso da man dereita polos O'Neill ao redor de 1335, e conxectura que puido ser para eles un símbolo que significaba a axuda e a forza divinas, mentres que tamén suxire que os antigos fenicios puideron levar o símbolo a Irlanda.

Noutra lenda que se estendeu, o primeiro home que puxese a man sobre a provincia do Ulster tería reclamación. Como resultado, os guerreiros correron cara a terra coa man cortada dun deles e lanzábana aos seus compañeiros, gañando así a terra. Nalgunhas versións do conto, a persoa que corta a man pertence aos O'Neill. Noutras versións, a persoa é o mítico Érimón.

"Red Hand" como nome Os O'Neill crían na Idade Media que un rei mesiánico chamado Aodh Eangach viría para dirixilos e expulsar os ingleses de Irlanda. Nunha edición de 1901 da All Ireland Review, un escritor chamado "MM" suxire que a man roxa leva o nome do fundador do clan Rudraige, Rudraige mac Sithrigi, e que o nome Rudraige pode significar pulso vermello. Noutra edición un tal "YM" suxire o mesmo, argumentando que o nome de Rudraige significa brazo vermello. Tamén suxiren que o (ramo roxo) do antigo Ulaid pode vir de e (man vermella). Na literatura irlandesa medieval, varios reis (reais e lendarios) recibiron o nome de "man vermella" (lamderg, derg lamh, ou ) para significar que eran grandes guerreiros.Ó hÓgáin, Dáithí. Myth, Legend & Romance: An encyclopaedia of the Irish folk tradition. Prentice Hall Press, 1991. pp.36-37

O deus Nuada Airgetlám (Nuada da man prateada) tamén era coñecido como Nuada Derg Lamh, o roxo. Aparece no Libro de Lecan como antepasado dos Eóganachta e Dál gCais de Munster. Lugaid Lámderg aparece no Libro de Leinster e no descenso do Dál gCais. O epíteto que significa "man vermella", foi transferido a Lugaid Meann ao comezo do período histórico irlandés. Labraid Lámderg (Labraid da man vermella) é un personaxe do Ciclo Feniano da mitoloxía irlandesa. Os Anais dos Catro Mestres mencionan a 'Reachta Righdhearg' (Rechtaid Rígderg) como un Gran Rei de Irlanda. Gañou o nome de 'Righdhearg' segundo Geoffrey Keating porque tiña un brazo que excedía a vermello, e figura como bisneto de 'Lughaigdh Lamdhearg' (Lugaid Lámderg). Cathal Crobhdearg Ua Conchobair, tamén coñecido como 'Cathal o O'Conor das mans roxas', foi un rei de Connacht a principios do s. XIII. Hai un poema composto cerca da morte de Cathal (1224), que fai referencia frecuente á súa man vermella. Dermott Lamhdearg é citado por Meredith Hanmer nas súas Crónicas de Irlanda (1633), como un rei de Leinster que loitou a principios do s. V contra un exército en Knocknigen, preto de Dublín. Os Kavanagh de Borris, condado de Carlow, descenden de Dermot Kavanagh Lamhdearg, señor de St Mullin's, o segundo fillo de Gerald Kavanagh (1431). Gerald descendía de Domhnall Caomhánach, fillo de Diarmait Mac Murchada, rei de Leinster. Os Cavenagh de Kildare forman parte da ascendencia protestante son parentes dos Kavanagh de Borris e afirman descender dun Cathair Rua Caomhánach que se dixo que descendía da rama Lámhdhearg (man vermella) do clan Caomhánach. O cuarteto 78 do fai mención a "", a 'filla dos reis da man roxa de Leinster'. Este poema, así como o relacionado , menciona un Carn Lámha (sepultura da man de Fraoch). Gleoir Lamhderg (Gleoir o Vermello), foi un rei dos Lamraighe e suposto padrasto Fionn mac Cumhaill do Ciclo Feniano. Afirma que os Lamraighe descenden de Lamha, un fillo de Conchobar mac Nessa, lendario rei do Ulster. Owain Lawgoch (en galés medio "o da man roxa") foi un príncipe de Gales. Despois da súa morte contáronse varias lendas, unha delas que medía sete pés (2'13m) e tiña unha man vermella, e que durmía nunha cova "até a hora sinalada; cando esperte será o rei dos británicos".

Símbolos semellantes A Dextera Dei, ou "Man Dereita de Deus", é un símbolo que aparece en tres cruces altas en Irlanda: a Cruz de Muiredach en Monasterboice; a Cruz do Rei Flann (tamén Cruz das Escrituras) en Clonmacnoise; e a Cruz na Rúa de Kells. Os dous primeiros teñen a man completa cos dedos estendidos de xeito similar á man vermella. A forma e posición do Kells Dextera Dei é un patrón habitual no continente, porén o usado en Monasterboice e Clonmacnoise parece único dentro da cristiandade.

Francis J. Bigger suxire que a Dextera Dei representa a expresión figurativa do antigo mundo que significa forza e poder, e tales símbolos da man pódense atopar en civilizacións antigas, incluíndo asirios, babilonios, cartaxineses, caldeos, fenicios, exipcios, etc. Tamén é usado por xudeus e musulmáns e pódese atopar en Palestina e Marrocos. Aborixes australianos reverenciaban as mans dos seus xefes falecidos. En Galiza a man con distintas posicións é un amuleto común contra as meigas ou o diaño. Outro historiador, FJ Elworthy, segundo Bigger, demostrou de forma concluínte o carácter antigo e o uso xeneralizado do símbolo entre as primeiras civilizacións pagás.

Segundo Charles Vallancey en 1788, unha man vermella apuntando cara a arriba era o símbolo armorial dos reis de Irlanda, e que aínda estaba en uso pola familia O'Brien, cuxo lema era , que significa "a man forte cara arriba" ou "a man forte prevalece". As mans ocupan un lugar destacado na obra do s. XVIII de Dermot O'Connor "Blazons and Irish Heraldic Terminology", co Ó Fearghail sept que leva o lema .

Referencias a Galiza Nalgúns armoriais centroeuropeos dos séculos XV e XVI aparece o Reino de Galiza representado mediante un escudo cunha man vermella, ou cunha luva roxa. Pode deberse á similitude fonética gaélico-galego (as armas falantes empregaban iso deliberadamente ou por confusión, como Galice-Calice ou D'Aragón-Dragón), ou pola asimilación do pobo galego co pobo milesiano ou pobo de Breogán. No século XVI Santiago converteuse, segundo o bispo Thomas Strong (tío de Thomas White, fundador do Colexio dos Irlandeses de Compostela após a Fuga dos Condes) na "verdadeira capital do pobo irlandés no exilio".

Uso moderno dereita|miniatura|284x284px| Escudo de Monaghan