Ann Makosinski, nada en Vitoria, Canadá, o 3 de outubro de 1997 é unha estudante, inventora e oradora canadense. Gañou a Google Science Fair en 2013 por inventar unha lanterna termoeléctrica.

Traxectoria Makosinski é de ascendencia filipina e polaca. O seu pai é director de laboratorio retirado e conta con dúas patentes médicas.A súa familia vive en Saanich, Columbia británica.Estudou no St. Michaels University School.Para o seu proxecto de sétimo grao, Makosinski inventou unha radio que se podía alimentar coa calor dunha candea. Tamén construíu unha lanterna piezoeléctrica cando estaba en noveno curso.

Lanterna oca ou Hollow Flashlight En 2014 Makosinski gañou a Google Science Fair na categoría de 15 a 16 anos co proxecto Hollow Flashlight, unha lanterna termoeléctrica. Inspirouse nas súas visitas á terra natal da súa nai (Filipinas), onde unha amiga súa tivera problemas na escola porque non tiña suficiente luz para estudar durante a noite. O dispositivo baséase no efecto termoeléctrico empregando placas Peltier.É oco para incrementar as correntes convectivas. En 2017 comezou as negociacións para producir comercialmente e distribuír as lanternas.

Foi oradora en TED x Richmond e en TED x Vancouver no ano 2013. Ese ano apareceu na lista 30 Under 30 da revista Time e gañou unha medalla de ouro na Canada-Wide Science Fair. En 2014 presentou The Problem with Inventions en TEDx Vitoria. Tamén foi oradora de TED x Teen en 2016 - coa súa charla Why I don't use a smart phone. Makosinski presentou a súa cunca eDrink, que usa a calor da bebida para cargar un teléfono, no programa Tonight Show de Jimmy Fallon. Como premio outorgáronlle $5,000 para apoiar a súa formación.

É a fundadora de Makotronics Enterprises. Postulouse para obter múltiples patentes. En agosto de 2017 embarcouse nunha expedición de dúas semanas ao Paso do Noroeste para celebrar o 150 aniversario do Canadá.

Premios e Recoñecementos Gañou catro premios na Intel International Science and Engineering Fair.

Foi votada como a nova inventora do ano en 2016 por Popular Science.

En 2016 Ann gañou 50 000 dólares para investimento grazas a Quest Climate Grant, financiado por Canadian Geographic e Shell_Energy_North_America, polos seus inventos alimentados coa calor humana.

Na área publicitaria foi elixida embaixadora de marca de Uniqlo en 2016 e fixo campañas con Five Star e Lenovo.

En 2017 Makosinski foi incluída na lista Forbes 30 under 30. Tamén foi nomeada pola revista Glamour como unha das mulleres universitarias do ano en 2018.

En outubro de 2017 foi parte do Converse Public Access show con Miley Cyrus.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web persoal

Categoría:Nados na Columbia Británica Categoría:Nados en 1997 Categoría:Inventores do Canadá