Sandra Cauffman, nada en San Xosé o 10 de maio de 1962, é unha especialista en Enxeñaría eléctrica e Física costarriqueña destacada polo seu traballo na NASA en distintos cargos. O seu perfil foi destacado por ONU Mulleres, por ser un exemplo positivo para as mulleres, especialmente, mozas e nenas.

Traxectoria Cauffman naceu nun fogar uniparental de poucos recursos en Hatillo, filla de María Jerónima “Mary Alba” Rojas Montero.

Cursou tres anos de enxeñaría industrial na Universidade de Costa Rica. A nai de Sandra casou cun estadounidense cando Sandra tiña 14 anos que se converteu no seu pai adoptivo. Cando Cauffmann tiña 21 anos, a súa familia mudouse aos Estados Unidos por razóns económicas, persoais e de oportunidades educativas. Neste país ingresou na Universidade George Mason, onde obtivo o dobre grao en enxeñaría e física.Por un problema coa revalidación de créditos na transferencia do seu currículo á Universidade George Masson, Rojas mudou de carreira. Véxase: Conta tamén cun mestrado en enxeñería eléctrica nesta última universidade.

Traballo na NASA Sandra Cauffman traballou en distintas misións da NASA. Antes xa participara como subdirectora de proxecto da Misión de Evolución Atmosférica e Volátil de Marte, traballo co que comezou a ser amplamente recoñecida en Costa Rica. Posteriormente traballou con subdirectora do Programa de Sistema de Satélites Xeoestacionarios GOES-R Dende 2016 traballou como subdirectora e dende 2019 como directora da División de Ciencias Terrestres da Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo (NASA). Este traballo consiste en xestionar misións para o desenvolvemento da tecnoloxía, a ciencia aplicada, a investigación, a execución de misións e operacións.

Cauffman interésase por unha proxección social que permita a máis mozas e mozos costarriqueños, especialmente mulleres, achegarse ás ciencias. En 2016 axudou a que a Fundación Monge patrocinase a viaxe de seis novos costarriqueños para que puidesen asistir na NASA ao lanzamento dun satélite.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676

Categoría:Personalidades de Costa Rica Categoría:Alumnos da Universidade George Mason Categoría:Persoal da NASA Categoría:Enxeñeiros eléctricos Categoría:Físicos de Costa Rica Categoría:Enxeñeiros de Costa Rica Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en San Xosé