Valerie Anita Aurora nada en San Francisco en 1965, é unha hacker estadounidense, escritora, conferenciante e activista a favor do incremento da presenza feminina no mundo da cultura libre e do software libre e de código aberto. En 2008 cambiou oficialmente e legalmente o seu nome de nacemento, Valerie Aurora Henson.
Traxectoria alt=|miniatura|Aurora cun grupo de mulleres nas oficinas da Fundación Wikimedia en San Francisco. Aurora foi directora executiva e cofundadora —xunto con Mary Gardiner— da Iniciativa Ada, unha organización sen ánimo de lucro centrada a promover o papel das mulleres na tecnoloxía. Tamén é cofundadora de Double Union, un espazo para mulleres hackers en San Francisco. Desde 2015 é a consultora principal de Frame Shift Consulting. Tamén traballou para Sun Microsystems, IBM, Intel e Red Hat.
Como programadora traballou no desenvolvemento do núcleo Linux durante máis dunha década, especializándose na mellora e o perfeccionamento do sistema de arquivos. En 2012 Valerie Aurora e Mary Gardner foron nomeadas por SC Magazine como dúas das persoas máis influentes na seguridade informática do mundo.«Two champions for women in technology - SC Magazine » (en inglés).
Premios Premio O'Reilly Open Source 2013«OReilly Open Source Awards: Open Source Convention - O'Reilly OSCON, July 22 - 26, 2013 in Portland, OR » (en inglés).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Iniciativa Ada (en inglés)
Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Seguridade informática Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en ano descoñecido