The Last of the Mohicans é un filme estadounidense de 1920 dirixido por Clarence Brown e Maurice Tourneur, e escrito por Robert A. Dillon, adaptado a partir da novela de James Fenimore Cooper O derradeiro dos mohicanos (1826). É a historia de dúas irmás inglesas que se atopan co perigo na fronteira das colonias americanas, dentro e arredor do forte comandado polo seu pai. Está protagonizado por Wallace Beery, Barbara Bedford, Lillian Hall, Alan Roscoe e Boris Karloff nun dos seus primeiros papeis no cinema mudo (interpretando a un indio valente). Barbara Bedford máis tarde casou co seu coprotagonista no filme, Alan Roscoe na vida real. A produción rodouse preto do lago Big Bear e no val de Yosemite.

miniatura|thumbtime=2|200px|dereita|Filme completo de The Last of the Mohicans. O filme foi ben recibido no momento da súa estrea. O historiador de cinema William K. Everson considerou The Last of the Mohicans unha obra mestra.Everson, William K. American Silent Film. New York: Oxford University Press, 1978. p. 151. En 1995, foi considerado "culturalmente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e foi escollido para a súa preservación no National Film Registry.

Personaxes miniatura|right|200px|Tarxeta do vestíbulo. Wallace Beery como Magua Barbara Bedford como Cora Munro Lillian Hall como Alice Munro Alan Roscoe como Uncas Theodore Lorch como Chingachgook Harry Lorraine como Hawkeye (aka Natty Bumppo) Henry Woodward como Major Heyward James Gordon como Coronel Munro George Hackathorne como Capitán Randolph Nelson McDowell como David Gamut Jack McDonald como Tamenund Sydney Deane como Xeneral Webb Boris Karloff como indio (sen acreditar) Joseph Singleton

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1920 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Clarence Brown Categoría:Filmes dirixidos por Maurice Tourneur Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de aventuras dos Estados Unidos de América