A illa Rottnest é unha pequena illa australiana.
Xeografía Situada a 18 km da costa do estado de Australia Occidental, ten unha superficie de 19 km².
Segundo o censo de 2016 contaba con 334 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 17,6 hab./km². Porén, durante os períodos de vacacións pode acoller até 15 000 visitantes. Por iso, a maioría dos seus habitantes traballan no sector turístico.
É famosa pola presenza dunha importante colonia de quokkas (Setonix brachyurus), pequeno mamífero marsupial oriúndo da rexión.
Historia A illa estivo habitada por aborixes australianos até hai uns 7 000 anos, cando a subida do nivel do mar separouna do resto de Australia. O 29 de decembro de 1696 desembarcou na illa o capitán neerlandés Willem de Vlamingh, que a explorou durante 6 días e lle deu o nome de 't Eylandt 't Rottenest, que literalmente significa "niño de ratas", ao confundir os quokkas con ratas xigantes. Naquel momento a illa estaba deshabitada, e a poboación aborixe carecía de botes, polo que probabelmente o territorio permanecera sen poboación durante varios miles de anos.Appleyard, R. T. & Manford, Toby (1979): The Beginning: European Discovery and Early Settlement of Swan River. Western Australia. Perth, Western Australia: University of Western Australia Press. ISBN 0-8556-4146-0.
Entre 1838 e 1931 foi utilizada como prisión para reclusos aborixes.
Flora e fauna miniatura|200px|Quokka
Aves A illa foi declarada área importante para a conservación das aves. Poden observarse numerosas especies, entre elas Ardenna pacifica, Phalacrocorax varius, Chroicocephalus novaehollandiae, Thalasseus bergii, Sternula nereis, Onychoprion anaethetus, Neophema petrophila, Egretta sacra e Cladorhynchus leucocephalus.Kilpatrick, Alan G. (2016):"Birds of Rottnest Island, WA". Emu - Austral Ornithology 32 (1): 30–31.
Flora Entre as especies nativas figuran a conífera da familia das cupresáceas Callitris preissii, o arbusto da familia das mirtáceas Melaleuca lanceolata e a árbore da familia das fabáceas Acacia rostellifera.
Galería
Notas
Categoría:Illas de Australia