Os Toros de Tijuana son un equipo profesional de béisbol mexicano que compite na Liga Mexicana de Béisbol (LMB). O club, fundado en 1974, ten a súa sede en Tijuana, Baixa California. O club posúe no seu palmarés dous títulos de liga, o último conseguido no ano 2021 após vencer na Serie del Rey aos Leones de Yucatán no sétimo e último partido. O seu estadio como local é o Estadio Chevron, parque con capacidade para 17.000 espectadores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos da Liga Mexicana de Béisbol Categoría:Equipos de béisbol de México