dereita|miniatura|300px|Clitemnestra e Existo, dispostos a matar a Agamenón (pintura de Pierre Narcisse Guérin, Museo do Louvre) Na mitoloxía grega, Clitemnestra ou Clitemestra (en grego, Κλυταιμήστρα)A forma «Clitemnestra», que se impuxo no uso, é en realidade unha deformación serodia de época bizantina, debida a unha falsa conexión etimolóxica co verbo «μναoμαι»: «lamentar». (Orestíada; edición na Loeb Classical Library de Alan Sommerstein, introdución, 2008). foi unha raíña mítica de Micenas, filla de Tindáreo e Leda, nai de Electra e Orestes (entre outros fillos) e esposa do heroe Agamenón, a quen asasinou axudada polo seu amante, Existo. Finalmente, morreu asasinada polo seu fillo Orestes, en vinganza polo asasinato do pai.
Nacemento Leda foi seducida por Zeus en forma de cisne Ela transformouse en cisne ou ganso para escapar de Zeus, sen éxito., mais a mesma noite na que xaceu co deus tamén o fixo co seu esposo Tindáreo, rei de Esparta O matrimonio e a descendencia de Tindáreo e Leda estaba maldito por Afrodita. Resulta que Tindáreo esquecera inadvertidamente a Afrodita ó facer un sacrificio ós deuses e esta, ofendida, xurou que as súas fillas, Clitemnestra, Timandra e Helena, serían coñecidas polas súas sonadas relacións adúlteras (Graves, px. 683).. Como resultado, puxo dous ovos, dun dos cales naceron Cástor e Clitemnestra, que eran fillos de Tindáreo, e do outro, Helena (a famosa Helena de Troia) e Pólux, que eran fillos de Zeus. Por isto Clitemnestra figura como irmá xemelga de Helena. Ademais, outras irmás de Clitemnestra eran Timandra e Filónoe. Grimal, s.v. Clitemnestra.Biblioteca mitológica III, 10, 6 e 7: "De Tindáreo e Leda naceu Timandra, a quen desposou Equemo, e Clitemnestra, que casou con Agamenón, e ademais delas, Filónoe, á que Ártemis fixo inmortal" (Pseudo-Apolodoro III, 10, 6).
III, 10, 4 - 7: texto francés. III, 10, 6 e 7: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; ed. de 1921 de James Frazer na Loeb Classical Library. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe). 6; 7. III, 10, 6 e 7: texto grego en Wikisource.EURÍPIDES: Ifixenia en Áulide 50.
Texto español no sitio InterClassica, da Universidade de Murcia; tradución de Germán Gómez de la Mata. Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus Na parte superior derita atópanse os rótulos activos "focus" - para cambiar ao texto grego de 1913 de Gilbert Murray (1866 - 1957) - e "load" - para o texto bilingüe -.
Voda con Agamenón Casou en primeiras nupcias con Tántalo, fillo de Broteas ou, segundo outras fontes, de Tiestes. Tántalo e Agamenón, rei de Micenas, enfrontáronse en guerra e este matou a aquel Grimal, s.v. Agamenón.; outros autores din Agamenón asasinou a Tántalo e ó seu fillo acabado de nacer Segundo Grimal, foron varios os fillos asasinados.. En todo caso, casou á forza con Clitemnestra e foi perseguido polos irmáns desta, os Dióscuros, ata que se viu obrigado a suplicar o perdón do seu sogro Tindáreo, perdón que efectivamente obtivo, ata o punto de que Tindáreo acabou abdicando no seu favor o trono de Micenas.
Como esposa de Agamenón, tivo catro fillos: Electra (ou Laódice), Ifixenia (ou Ifianasa) Para Graves (px. 450), son unha mesma persoa, pero para Grimal (s.v. Agamenón) son persoas diferentes., Orestes e Crisótemis, e fíxose cargo de Hermíone, filla de Menelao (o seu cuñado) cando este parteu á guerra de Troia.Biblioteca mitológica: Epítome II, 16. II, 10 - 16: texto francés. II, 16: texto inglés no Proxecto Perseus, coas características sinaladas antes. II, 16: texto grego en Wikisource. Porén, nalgunhas tradicións dise que Ifixenia era en realidade filla da súa irmá Helena e de Teseo, mais que foi criada por Clitemnestra.Pausanias: Descripción de Grecia II, 22, 6.
II: texto español. II, 22, 6: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; trad. de 1918 de W.H.S. Jones et al. publicada na Loeb Classical Library. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe). II, 22, 6: texto grego en Wikisource.
Sacrificio de Ifixenia Paris, fillo de Príamo, rei de Troia, raptou a Helena, esposa de Menelao, dando lugar así á Guerra de Troia, e Agamenón e Menelao partiron contra esta cidade para rescatar a Helena.
Cando a frota aquea O termo aqueo aplícase á antiga rexión grega de Acaia (ó norte do Peloponeso) ou ós seus habitantes e, por extensión, a toda a antiga Grecia ou ós seus habitantes. Neste caso, refírese ó exército formado polos antigos reinos gregos fronte a Troia e ós reinos que a apoiaban. estaba reunida no porto de Áulide disposta a partir a loitar contra Troia, Agamenón matou unha das cervas sagradas da deusa Ártemis e esta, como castigo, provocou a ausencia de ventos favorables, o que impediu que a frota grega puidese levantar áncoras.
O adiviño Calcante foi interrogado para saber como aplacar á deusa, e a resposta foi que había que sacrificar á filla máis fermosa de Agamenón en nome da deusa Ártemis, para que esta os deixase partir. Nun principio, o rei negouse, mais presionado polo seu irmán Menelao e por Odiseo, aceptouno e enviou unha mensaxe a Clitemnestra para que enviase á súa filla Ifixenia dende Micenas (ou Argos) até Áulide, co pretexto de casala con Aquiles. Aínda así, Agamenón tratou de impedir o sacrificio enviando secretamente outra carta a Clitemnestra na que lle dicía que non enviase á filla, mais esta carta foi interceptada e non chegou ó seu destino; tamén se di que Agamenón mandou a Odiseo a traer a Ifixenia a Áulide, á vez que enviou esa carta advertindo a Clitemnestra de que non obedecera ó que lle dixese Odiseo, pero Menelao interceptou a carta e Clitemnestra nunca soubo a verdade. Sen ver ningunha outra solución, Agamenón consentiu facer o sacrificio.
Nalgunhas versións, Clitemnestra acompañou a súa filla nesa viaxe. Segundo conta a versión máis coñecida, recollida por Eurípides Eurípides: Ifixenia en Áulide., Apolodoro Apolodoro: Biblioteca mitológica. Epítome, III. 21. ou Hixino Hixino: Fábulas mitológicas. Alianza editorial, 2009, fábula 98., cando Ifixenia chegou no tivo outra que aceptar resignada o sacrificio, pero a deusa apiadouse da moza no último momento e puxo no seu canto unha cerva Cómpre notar aquí o paralelismo co episodio bíblico de Isaac e Xacob.. Logo levou a Ifixenia a Táuride, onde a converteu na súa sacerdotisa.Pseudo-Apolodoro: Epítomes III, 21 e 22. III: texto francés: 19 - 21; 22 - 27. III: 21; 22. III, 21 e 22: texto grego en Wikisource.Hixino: Fábulas (Fabulae). 98: Ifixenia (Iphigenia). Texto inglés no sitio Theoi. Texto latino no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo). Ed. de 1872 en Internet Archive: texto latino en facsímile electrónico. Ifixenia en Áulide. Segundo conta Hesíodo, Ártemis salvou a vida de Ifixenia e converteuna na deusa Hécate.Véxase o artigo adicado a Ifixenia.
Porén, existen variacións sobre o tema Resulta frecuente que mitógrafos e traxediógrafos introduzan variantes máis ou menos substanciais sobre os diferentes mitos que narran.: segundo as versións de Sófocles Sófocles: Tragedias (Electra, px. 387. e de Esquilo Esquilo: Tragedias completas:La Orestía I. Agamenón, px. 245., o sacrificio remata sen intervención da deusa e Ifixenia morre degolada. Xustifican así que Clitemnestra, en vinganza pola morte da súa filla, mate a Agamenón ao volver da Guerra de Troia.Sófocles: Electra.
En todo caso, Clitemnestra regresa a Argos, onde se supón que comeza a preparar a vinganza contra o seu home.
Vinganza 300px|miniatura|Sacrificio de Ifixenia, nun fresco de Pompeia. Agamenón é o personaxe de costas e cuberto cun veo, o que reflicte que non aceptou de bo grao o sacrificio da súa fillaCando Agamenón marchou cara Troia, puxo a Clitemnestra baixo a vixilancia dun aedo "Poeta da antiga Grecia que cantaba ou recitaba as fazañas dos deuses e dos heroes, xeralmente acompañado da lira" (DRAG, consultado o 2.01.2024). chamado Demódoco para que a aconsellara e, de paso, mantelo informado a el de calquera infidelidade, mais Existo, curmán de Agamenón, abandonouno nunha illa deserta, onde Demódoco morreu. Así conseguiu seducir a Clitemnestra e convertela na súa amante.Graves, px. 451.Odisea III, 270. 253 e ss.: texto español en Wikisource. 250 e ss.: texto grego en Wikisource. Clitemnestra fora predisposta a cometer adulterio debido a que Nauplio percorrera Grecia para difundir novas a diversas raíñas de que os seus maridos estaban a tomar concubinas durante a guerra de Troia "Nauplio ... percorreu por mar as rexións gregas e predispuxo ás mulleres dos helenos a cometer adulterio: a Clitemnestra con Existo, a Egialea con Cometes, fillo de Esténelo, e a Meda, a esposa de Idomeneo, por obra de Leuco" (Pseudo-Apolodoro: Epítomes VI, 9). Esta información fixo que algunhas se suicidaran e outras, como Clitemnestra, acabaron enganando ós seus maridos., como vinganza porque os gregos mataran ó seu fillo Palamedes Palamedes descubriu que Odiseo mentía cando se fixo o tolo para non ir á guerra de Troia, o que provocou a inimizade deste. Xa ante Troia, Ulises agochou ouro na tenda de Palamedes e fixo crer ós gregos que ese ouro era un premio de Príamo por traizoalos, o que supuxo a súa condena a morte por lapidación, algo que o seu pai Nauplio nunca perdonou, polo que abandonou o exército grego.Epítome VI, 9. VI, 5 - 11: texto francés. VI, 9: texto inglés, coas características sinaladas antes. VI, 9: texto grego en Wikisource. Tamén tivo que influír nela o desexo de vingarse contra o seu marido (por matar á filla Ifixenia) ou os celos, pois sabía que Agamenón tomara como concubina a Criseida, unha princesa e adiviña troiana coa que xa tiña dous fillos xemelgos, Teledanmo e Pélope.
Rematada a guerra, cando Agamenón regresou a Micenas, Clitemnestra e o seu amante Existo asasinárono, mentres saía do baño e intentaba vestirse cunha túnica que carecía de aberturas para os brazos e a cabeza (porque ela cosera anteriormente estas aberturas "Agamenón, á súa volta a Micenas, acompañado de Casandra, é asasinado por Existo e Clitemnestra: esta dálle unha túnica sen orificios nin para os brazos nin para a cabeza e, mentres a viste, é sacrificado" (Pseudo-Apolodoro: Epítomes VI, 23).). Logo asasinaron a Casandra Casandra, adiviña á que ninguén cría, non quixo entrar no palacio porque tiña visións de sangue e morte., que Agamenón trouxera canda si.
Tamén aquí hai diferentes versións. Nuns casos (nas versións máis antigas da lenda) é Existo o que organiza e leva a cabo persoalmente o asasinato de Agamenón, sen participación de Clitemnestra. Pero serán os poetas tráxicos os que dean a versión máis coñecida, segundo a cal ela é cómplice e executora directa do asasinato do seu home, mesmo se di que lle cortou a cabeza cun machado "A miña nai e o que comparte o seu leito, Existo, como leñadores a unha árbore, abríronlle a cabeza cun machado asasino" (Sófocles: Traxedias: Electra, px. 372).. Existo tamén matou os dous fillos de Agamenón con Casandra.
Algúns mitógrafos engaden que Clitemnestra continuou a vinganza sobre os seus fillos habidos con Agamenón. Mandou pechar na cadea á súa filla Electra ou ben casouna cun labrego humilde de Micenas, para que, cando tiver fillos, estes non puidese reclamar o trono. E intentou matar a Orestes, nese momento con dez anos de idade, pero non o conseguiu porque ben Electra, segundo unhas fontes, ben a súa ama de cría, segundo outras Conta a tradición que esta muller acostou ó seu propio fillo na cama de Orestes para que Existo o matara en lugar deste., agochárono lonxe de Micenas.