O castelo de Sant Antoni é unha fortaleza situada na localidade de Fornells, no concello de Es Mercadal, en Menorca. Foi construído no século XVII no porto da localidade, e grazas a esta construción naceu a poboación.
Na actualidade só quedan uns poucos restos da estrutura, xa que foi desmantelado polos españois trala dominación británica, igual que o castelo de Sant Felip. A torre de Fornells atópase preto do castelo.
Protección O 30 de novembro de 1993 foi declarado Ben de Interese Cultural.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Castelos das Illas Baleares Categoría:Bens de Interese Cultural das Illas Baleares