A Palmeira é un lugar da parroquia de Ove no concello de Ribadeo (provincia de Lugo). Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 57 habitantes (30 homes e 27 mulleres).

Conta cunha ponte romana que atravesa o río da Palmeira, na cal antigamente había sete muíños de auga; tamén houbo un muíño de vento do cal quedan restos conservados polos donos.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Ove

Parroquias de Ribadeo

Categoría:Lugares de Ribadeo